viernes, 27 de abril de 2018

Banquete de Conxo


*Homenaxe a un fito do galeguismo
da man de Quique Alvarellos (21 e 22 de abril de 2018)
Publicado en El Faro de Vigo (30 de abril)

   Un predicador.Orando dende un cotarelo á sombra dun plátano.Alvarellos e a historia. Nun espazo, agora acondicionado, que permaneceu sen uso público desde 1885. Daquela inaugurouse o Sanatorio de Conxo e só pisaban estas terras os internos e os seus familiares. Hoxe dúas mil persoas gozan do sol neste vello concello. E dun prato de cabra.

   (Fotografía xentileza de Rubén Cela)



   Hai dous meses apareceu, grazas á sensibilidade dun zahorí, o manancial da Virxe da Cuncha. Disque as augas son ferruxinosas. Aló estaría un convento anterior ó románico que ergueu Xelmírez.   Daquela fonte falou Tirso de Molina, frade mercedario que estivo en Conxo en 1630. Pola súa beira transcorría entón o Camiño Francés e ó santuario coñecíase como “a segunda estación de peregrinación”tras visitar os ósos do Apóstolo.
   Orixinariamente houbo mil cincocentos carballos; en 1927 quedaba un milleiro e foron vendidos a vintecinco pesetas cada un.Hoxe resisten corenta ou cincuenta.Un bosque de ribeira no que tamén hai salgueiros, loureiros e os pouco estimados eucaliptos.

   Hai algúns antecedentes que inflúen naquel insólito mitin democrático. Por exemplo, a cidade de Compostela perdera pulo no 1833 ó ceder á capitalidade. E xusto vinte anos despois foi o alcumado “ano de fame”; morría xente pola rúa de inanición.En 1855 poduciuse a Desamortización de Madoz; así o acto foi na parte traseira dun mosteiro.
   Liberdade, igualdade e fraternidade. Seguían os ideais da Revolución Francesa.Temos constancia probada dos feitos porque escribiron unha crónica xornalística en La Oliva de Vigo.Outra testemuña é Murguía; dixo que as augas do río e as pólas das árbores chegaban ás mesas da lupanda.Cen estudantes serviron a mesa de artesáns e obreiros.
   Os artífices foron Pondal , autor do himno galego, Luís Rodríguez Seoane e Aurelio Aguirre. Este poeta naceu un 23 de abril,día no que finaron Shakespeare e Cervantes. Un bardo dos pobres e prostitutas. Recitaba polas rúas, como fixera Neruda nas minas. Ten un pándego poema no que ameaza a un mestre. “Chisjaravillas,vanche romper as costillas”.Faleceu no 58 na praia de San Amaro.As investigacións descartan un suicidio. 
   Non podemos asegurar que estivese Rosalía. Pero sí que era un lugar emocional para ela; ambientou alí  a novela El primer loco; Luis, o protagonista, pode ser un alter ego dela ou de Aguirre.  Tamén é significativo que no poema “Los robles”, incluído en Las orillas del Sar, critique unha sociedade que permite que se pinchen cincocentas árbores. En Follas Novas afirmou que “Conxo é felicidade”.

   A finais de xullo de 1956 celebrouse o I Congreso do Exilio Galego no Centro Lucense de Bos Aires. A data non era casual. Cen anos despois de Conxo.  Esta iniciativa non a puido disfrutar Castelao que morreu un chisco antes. O secretario era un mozo  chamado Neira Vilas. “Brindo a nome da nosa mocedade, a mocedade galega que anda errante por vieiros de brétema e saudade”.

lunes, 23 de abril de 2018

Os camiños de Pedrayo

*Abril Oteriano no Salón Nobre de Fonseca (20-IV-2018)
Faladoiro con Martiño Noriega, Miguel Santalices e Ramón Villares

*Artigo publicado en El Progreso e Diario de Pontevedra (o 24 de abril)



   Martiño rescata dous fitos memorables de Don Ramón. Desde 1947 encargouse dunha sección en La Noche titulada “O parladoiro” onde retoma a lingua galega. No 58 pronunciou un discurso evocador e esperanzador no Paraninfo da Universidade. É a primeira lección en galego trala Guerra.O auditorio estaba ateigado de xente moza que terminou chorando pola emoción.

   Miguel Santalices suliña “a profunda bonhomía e cercanía”do membro da Xeración Nós. Afastado da docencia desde o 37, era mestre no Instituto de Ourense, ata o 48.  Dous anos despois de ser rehabilitado ganou a cátedra de xeografía. Empregou unha cartografía matemática como fixera Fontán;  Domingo referírase ó mapa de Galicia como “O rosto da nosa terra”. Dicía tamén Otero que Portugal era unha prolongación lingüística de Galicia e viceversa.
   Do avó recibiu o amor pola tertulia. O pai, Enrique, era médico. Como o son o Alcalde de Santiago e o Presidente do Parlamento. Son “hoplitas da liberdade”e entusiastas do coñecemento.

   Non era só un escritor agrarista. A cidade está presente en gran parte da súa obra. Santiago, “a cidade galega por excelencia”,era máis que igrexas e estudantes.Un lugar romántico onde se educara a xeración que salvaría a Galicia; referíase á do 46. Os seus tres espazos paradigmáticos en Compostela son a Facultade de Filosofía e Letras, o Café Español e o Hotel España.

   Ás veces a aldea é o tarro das esencias, comenta o estudoso Ramón Villares.  Trasalba simboliza a paz infinda da Boca Ribeira do Miño; unha epifanía de cores e vides. No conto “O fidalgo” no pobo vese a fartura dos bocois de viño nunha festa do herdeiro. Pero tamén hai ocasións nas que o rural é o lugar dos que non entenden.  Non quería ver o fondo impacto medioambiental de Ribadavia e por iso cando se achegaba por aló o tren pechaba as cortinas.
   Pasou 14 invernos en Madrid,múdexar e poeirento. Acordara coa súa nai combinar eses anos entre Trasalba e a capital. Alí tivo lugar unha fase importante de formación e, durante a República, foi deputado do 31 ó 33.Engadamos tamén ás visitas á consulta do doutor Marañón.

martes, 17 de abril de 2018

O último Ameixeiras



*Diego Ameixeiras na I Semana de Novela Negra do Barrio de San Pedro
A Libraría Pedreira elaborou un programa lustroso e tivo un trato exquisito.

                                      (foto do facebook da Libraría Pedreira)   

   Logo dun repouso de máis de dous anos ven de publicar a súa onceava novela,A crueldade de abril. Rescatou así uns versos de T. S. Elliot.É a historia dunha vinganza tras aparecer uns cadáveres nunha casa que foi pasto das chamas. Pero cheo de lirismo. Está de domingo. “Non quería chegar a ser empalagoso. Gústame confiar máis na historia que na linguaxe”. Desta vez sen marco xeográfico, nin Compostela nin Ourense.
                                               
   Noutras ocasións “gústame falar do Santiago que está á marxe da postal turística”. Así fixera Suso de Toro en Ambulancia. Pero recoñece que Vigo, cidade portuaria, pode ter moito guión. “Crieime nun barrio e non sería honesto que falase do rural”.

   Tódolos libros agás Tres segundos de memoria son de novela negra. Pero foi entón “cando fun gracioso e levei o Premio Xerais”.  Ningún é semellante ós outros. O seu corrector foi Héctor Cajaraville, dos que cobra por caracteres.  O de Vite está abraiado co xeito de narrar. “É sintético nas súas propostas e condensa ben a información; eu son máis expansivo”. 
   “O meu gusto non encaixa co best seller. Non quero darlle todo masticado ó lector senón xogar cos silencios. Patricia Highsmith cando escribía deixaba ó final unha zona de néboa”.Non entende ós escritores que paran a acción ou ós que contan algo da psicoloxía dos personaxes que non é relevante. Prefire seguir a historia detrás dunha cámara.  “Todos temos unha parte de portas para dentro que non lle contamos a ninguén, nin sequera á parella ou ós pais”.

   Non lle gusta como se tratan os sucesos nos medios. “Fan unha exhibición pornográfica da dor. Non me gusta facer un espectáculo da violencia. Hai que manter unha distancia coa realidade que me permita durmir ben pola noite”.

   Buscando as orixes da novela policial hai quen se remonta a Edipo Rei.  Outros, “máis razoables”, cren que foi con Os crimes da rúa Morgue de Edgar Allan Poe.  En Galicia o pioneiro sería Carlos G. Reigosa en Crime en Compostela. Uns dez anos despois de que Vázquez Montalbán, xornalista de moitísima sona, arrincara en España. Non é tanta demora.  Julián Ibánez é o mellor escritor español de novela negra pero non é o que máis vende”.

viernes, 13 de abril de 2018

Campións en galego


*Encontros para a Normalización Lingüística  (Consello da Cultura Galega, 12-IV-2018)
Con Sergio Delpont, Mercé Barrientos, Sergio Álvarez, Borja Golán e Ezequiel Mosquera
   Sergio Delpont é un xornalista de deportes da Televisón de Galicia dende a súa orixe no 85. “Arsenio falaba un galego á súa maneira pero importaba máis que toda a política linguística”. Lembra que hoxe hai moitos cancerbeiros galegos na elite e todos eles se comunican no idioma de Rosalía. “Incluso Diego López cando retorna de Barcelona”.   Pero cando entrevistaba a portugueses e brasileiros como Bebeto tentaban dar respostas en castelán.
   Mercé Barrientos é mestra de ensino secundario. Ás veces acode ó portugués para buscar termos específicos. “Como se di sentadilla en galego?” Ela, antiga presidenta da Federación Galega de Taekwondo,fixo un estudo. Decatouse de que das 59 asociacións deportivas galegas vinte comunícanse en castelán, outras tantas en galego e o resto “non sabe, non contesta”.

   “O fascismo empregou ó deporte para exaltar o patriotismo e a disciplina”.Tamén sabe que os homes están nos deportes nos que se invirten máis cartos e as mulleres nos máis amateurs.

   No alto rendemento hai catro patas: valía biolóxica, psicolóxica, gozar co sufrimento e o afecto; é dicir, “sentirse fachendoso de levar a túa bandeira polo mundo”. Lembra que hai moitos países que,para empoderarse,invirten moitos cartos para conseguir unha medalla olímpica.

   Sergio Álvarez le a Rosa Aneiros. Láiase de que a cotío traducen as súas respostas ó castelán; “así teñen máis traballo e ás veces non son moi correctas”. O gato vai unha tarde por semana á Madroa a ver fútbol base. "Escoitei só a un par de rapaces falar en galego". O ano pasado compartía vestiario con catro ou cinco cataláns e entre eles non falaban en español pero o de Catoira advirte que sentía “envexa” e entendía ben esa fala.   
   Pola súa banda Borja Golán lembra que con 16 anos ía a selección española con cinco cataláns e eles na mesa tamén falaban sempre por costume na lingua de Maciá e Gaudí. 
        “A miña nai se criou no País Vasco. Non comezou a falar galego ata o instituto, con 13 ou 14 anos”. O dezaseis veces campión de España compite por todo o planeta.“En Macao, antiga colonia lusa,puiden falar galego pero en realidade todo o mundo alí falaba chinés”.

   Recoñece que evita na súa dieta os bolos industriais, fritos e mollos. Pero de cando en vez gústalle atacar as súas comidas favoritas, “churrasco e cocido, dous manxares”.

   Ezequiel Mosquera “falaba galego do monte pero sen gheada e seseo”. Nun campamento gustáballe unha rapaza pero todo cambiou o día que ela lle dixo paleto.
   Cando o teense compitía tiña un lema moi do Cholo. “Imos indo, imos vendo”.  No ciclismo ocorre como no triatlón. “Antes ós 32 estabas na costa abaixo da carreira. Indurain deixouno con 31”. Agora os favoritos coidan máis o seu calendario e chegan en plenitude. “Non tes a chispa de antes pero ganas en resistencia. Valverde está arrasando con case 38”.

jueves, 12 de abril de 2018

El Códice Calixtino


*Sesión del Ateneo con Don José Carro Otero (19-III-2018)


   José Carro tiene buena relación con las fuerzas vivas de la ciudad: Universidad, Iglesia, Administración…    Vinculado a la antropología. Recuerda el  robo por “un pobre hombre. Ahora lo tienen en 50 cajas fuertes”.

                                                                                      (Foto de El Correo Gallego)


   Santiago es Patrón de España desde el 844 por los votos que hace Ramiro II para reconocerle su ayuda en la Batalla de Clavijo. “El primo de Cristo nos da de comer”. Jesús se juntaba con Pedro, Santiago y Juan cuando atravesaba momentos críticos. Los dos primeros son los únicos que se sabe donde están sus cuerpos.
   Se atribuyó al Papa Calixto II. Era un monje de Cluny vinculado con la familia Borgoña.  Roma, por medio de una bula, le concedió a Santiago la potestad para celebrar los Años Santos.  El día elegido, 25 de julio, fue la fecha en que lo mataron.  Roma no lo instauraría hasta el 1300 con Bonifacio VIII.  Al principio querían que fuese cada 100 años; luego pasó a 50 y después a 25. Así se instauró para que todo el mundo tuviese la posibilidad de hacer entonces la peregrinación.

   “Xelmírez era un gran negociador y untaba en oro a cualquiera”. Pasó de obispo a arzobispo. Al principio dependía de Braga y luego le adjudicaron Mérida.  A Pascual II le sacó siete cardenales.  Xelmírez aumentó el prestigio de las ceremonias para que los peregrinos no se viesen defraudados.    

   Se redactó hacia 1170 y habla de acontecimientos desde el IX. Es una compilación de cinco libros escritos en tiempos diferentes pero siempre en el XII.  A las copias se les denominó Liber Sancti Iacobus.

   Cuando se habla de un códice nos referimos a un manuscrito, anterior a la Imprenta, con interés histórico o literario y ya sin forma de pergamino enrollado sino de libro.

   El Libro I aborda la liturgia que se brindaba al Apóstol: sermones, misas…

   El segundo recoge los 22 milagros de Santiago. Casi siempre son a peregrinos, sus de-votos.”No habla de verrugas sino de cosas admirables como curar tullidos”. Un hombre de Apulia tenía un tumor de garganta y se le había hinchado como un odre.Como reme-dio le ponen una concha.   El obispo griego Stefanos hizo vigilia una noche en la Catedral; el Apóstol le anuncia que es un soldado de Cristo y le ofrece las llaves de Coimbra. Conseguirá recuperar la ciudad que estaba en manos musulmanas. Otro milagro se le aplicó a un pecador que tenía que enseñar sus faltas en un pergamino para que las leyese en viva voz el obispo; al final estaba en blanco y sufre menos vergüenza.

  El segundo tiene alguna incorporación en el XIV.Ahí es donde encontramos la primera referencia al botafumeiro que se desplazaría de la Puerta Norte,Azabacherías, a la Sur. Algún arzobispo del XX quiso retirar el incensario pero se respetó la solemnidad.
   La Traslatio es el tema central del Libro III. A Santiago lo mandan decapitar en el 44 por orden de Herodes. Era costumbre que vinieran sus barcos a buscar nuestro estaño para hacer cobre. Sí estaban bien servidos de bronce.

   En 1983 José Carro Otero encontró en un yacimiento de O Grove una moneda de 16 milímetros acuñada en la Rúa da Moeda Vella de Compostela. Corresponde a la época de Fernando II. Es la representación más antigua que se conoce de la Traslación. Se conserva en el Museo do Pobo Galego.
  
   El Libro IV fue desencuadernado del resto del Códice. Corresponde al ciclo carolingio. Habla de la supuesta venida del emperador, suceso más literario que histórico, a Compostela; lo acompañaron los 12 pares de Francia, entre ellos Rolland.  
   El de mayor interés es el Libro V. Posiblemente hay más de un autor, entre ellos Aymeric Picaud. Describe el Camino y la ciudad de Santiago. La entrada a España era a través de Roncesvalles o Saint Jean Pied de Port.

   El Cardenal Payá y Rico preparó un dossier para que el Papa León XIII diera autenticidad a que el Apóstol estuviera en la Catedral.
   En 1934 se hace la transcripción por parte del Seminario de Estudos Galegos.Entre los artífices estaban Otero Pedrayo, Risco, Bouza Brey y su tío Jesús que era historiador.  “Es un personaje señero del que uno se honra.  Llegó a escribirle dos cartas a Franco para que respetara la galleguidad”.  Implican también al profesor de Harvard Walter Muir Whitehill.  Emitieron 250 acciones con un valor cada una de 50 pesetas. También se quería transcribir el Corpus Petroglyphorum. 

   El Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento se crea en el 44, en plena dictadura. Recurrían a menudo a la imprenta que fundara Ánxel Casal.

   El Libro V ya la había publicado la francesa Jeanne Viellard pues allí no había problemas con la censura.    De las partituras musicales se encargo Germán Prado, que “era de lo mejorcito de España”.   En el 45 sale la traducción, con notas de Abelardo Moralejo.

   En 1991 es el propio José Carro Otero el que se encarga de reeditar el Códice y hacer algunas mejoras; eligió una ilustración de Carlomagno para la portada. Se edita en francés e italiano gracias a un profesor de Perugia.  En 1992 se hicieron unos facsímiles.
  
   Pero faltaba en gallego. Eduardo Pereira se encarga del Libro V en el 93. Xosé López Díaz ya traducirá el Códice al completo.   La Unesco lo nombró en 2017 Libro de la Memoria Viva del Mundo.

martes, 10 de abril de 2018

Muller no cine actual

*Coloquio na Facultade de Xornalismo da USC (21-3-2018)
Relatoras: Manane Rodríguez, Paula Cons e Lucía Catoira Pan


   Manane Rodríguez é unha guionista e directora uruguaia. Está adscrita á CIMA, Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais. É tamén produtora de Xavier Bermúdez.
   Co seu primeiro proxectoRetrato de mujer con hombre al fondo,moita xente se sentiu ofendida. Déronlle un consello,case advertencia “se a peli é boa fixémola todos pero se é mala e só túa. Non o parece pero a segunda película é máis difícil de levantar aínda que teñas ganas, tesón e algo que contar.Moita xente con talento quedou polo camino.Chegas agotada á rodaxe”.

   “Eu repito tódalas tomas do mundo. Lle robas a alma ós actores, que se desgastan e chegan a odiarme pero fano mellor”.

   Quéixase de traballar cun orzamento infinitamente máis pequeno cos homes. Ademais “sempre me piden que explique máis os personaxes masculinos para que se entendan mellor”.

   “A Nerea Barros déronlle un Goya por La isla mínima por facer de nai. Case era imposible biolóxicamente! Axiña a poñen xa de avoa!”

   Decía Coixet que necesita imporse constantemente cando a un home o cuestionan menos. “Se das unha idea saen tres cunha idea mellor e xa non hai tempo pois toca rodar”.
   Cando Benito Zambrano presentaba Solas ás produtoras ningunha se interesaba. Acabou aceptando unha de Andalucía. Ó ano seguinte todas querían facer unha historia igual.

   Kathryn Bigelow ganou o Óscar en 2010 por En tierra hostil;  Fernando Trueba mostrouse moi crítico. “Parece que lle molestaba que fose unha muller”.  “Que te concedan a estatuiña non garantiza que sexa unha boa peli pero si un bo lanzamento comercial”.

   “Ó principio ollo moito as miñas películas e logo as deixo. Atopeinas mellor do que imaxinara. Escribo, leo novelas como inspiración e vexo dúas películas ao día”.Gústalle moito John Ford pero non quere volver máis El hombre tranquilo. “Pilar Miró non é para min unha referencia  cinematográfica no estilo pero si de valor e enerxía. Case vai presa por facer El crimen de Cuenca”.
 
   Paula Cons, de Agallas Film, ten a Lillian Hellman entre as súas referentes. Gústalle avaliar se as longametraxes cumpren co Test Bechdel. Que haxa unha muller que fale. Que sexa con outra muller; iso non ocorre en Sicario. E que non falen del; “En O Santa Isabel falan dun porque o mataron”.
   Cando presentou o proxecto a Antena 3 dixénrolle: “Ou comedia ou trhiller cunha muller forte”.  “Apetéceme facer un trhiller. Non un drama. Non é que me adapte a un modelo de home. Non quero ser un cordeiriño”. As femias protagonistas “non teñen que ser boas ou nais” láiase.
   As rodaxes son de dez ou once horas. Hai que añadirlle ás veces os desprazamentos. É difícil conciliar coa vida familiar. “Desapareces seis semanas .Rezo para que non lle coincida nada ao meu fillo”.

   “Sufrimos unha continua competición. Tes que loitar por subvencións, facerte oco nos festivais… É agotador! Á veces te dan un pau menor e polo mesmo un aloumiño”. 


   Lucía Catoira Pan estudiou Belas Artes. A pesar da súa xuventude xa foi  directora de fotografía en Dhogs, “un proxecto milagre”,Eco, Trote, Matria  Un labor asociado históricamente ós cabaleiros. De feito ninguna muller ganou o Goya nesta categoría. “A batalla está perdida se non hai continuidade. Crieime nunha sociedade machista e patriarcal. Decíanme que era igualitaria e eu o cría”.
   Álvaro conseguiu que en tódolos sectores de Matria houbera alomenos unha muller. “Costoulle en son”.
   Unha vez traballou conxuntamente con Jairo Iglesias. Decatouse de que nunha entrevista en Italia só lle preguntaban a el cando Lucía fala italiano;acabou a conversa como mera tradutora.

miércoles, 4 de abril de 2018

Literatura infantil


*Sesión do Ateneo de Santiago
con Marilar Aleixandre (2-4-2018)

   “As monxas non me deixaron ler un libro completo ata os doce anos. Pero logo chegaba a casa e atrevíame ata coa Ilíada”. É fanática dos gregos clásicos. Eurípides falaba da Guerra de Troya e parece que alude ós refuxiados do século XXI.

                                                                                     (foto de El Correo Gallego)

   A literatura galega para mozos en Galicia é vizosa. Pode ser lida por rapaces pero tamén por adultos como dicía Agustín Fernández Paz. O importante é que a historia esté ben contada. “Non hai que escribirlle como se fosen parvos senón deixándolle algunha ambigüidade”. Ela coñece a mente dos nenos pois foi mestra de instituto doce anos. “Escribir é meterse na pel doutra persoa. Estamos finxindo, representando un papel”. Casares fala desde un albanel en Cambio en tres.

   Pénsase que agora hai menos lectores. É radicamente falso. Hoxe hai máis bibliotecas.  Nos anos 50 facía secundaria o 25% da poboación e remataban un 10%.Había moito analfabetismo. Pero minguou o número de falantes que empregan o galego como primeira lingua.

   A literatura infantil non existe como tal até o XIX pero é que antes non había a noción da infancia.  Os irmáns Grimm recollían a tradición oral. Anotaban de forma rigurosa quen llo contaba; máis da metade dos 210 historias chegáronlle grazas a mulleres, moitas delas de familias hugonotes que emigraron de Francia a Alemaña.
  Toda a obra de Casares ten moita relación coa tradición oral,especialmente por influencia dos seus avós.  Un polbo xigante é un híbrido que sitúa o mito do krahen na ría de Aldán. É unha obra moi divertida “que non parece infantil” con ilustracións do gran Enjamio. O galo de Antioquía fala da tradicón das cidades asulagadas. Hai unha lenda que di que Carlomagno quixo afundir Duio, pobo a carón de Fisterra. O conto, con debuxos de Meixide, critica a intolerancia que está representada pola Inquisición. A Galiña azul é un canto á liberdade e diversidade.
   Xohana Torres, finada en setembro, non era só poetisa. Fixo o primeiro programa de radio en galego. Un bo exemplo das súa literatura infantil é Pericles e a balea. 
   Hai obras para cativos en poesía como a Ovella descarreirada ou un libro de Berta Dávila.

   En Rúa Carbón Marilar fala da sociedade vasca pero non se puido publicar en Euskadi. É anterior ao exitoso Patria.

   No imaxinario popular fantasía vencéllase a literatura infantil e o realismo cos adultos. Para adolescentes tamén hai historias realistas.A banda sen futuro é a novela de Marilar máis reeditada. Cabeza de Medusa comeza cunha violación; as rapazas son presionadas para que non denuncien. É un tema tabú pero de moita actualidade. Seguen esa liña Anagnórise de Victoria Moreno, Ola, estúpido monstro peludo! de Fina Casalderrey ou  O meu nome é Skywalker.
  Nos contos tradicionais os actos violentos están na familia.Perrault aporta Barba azul ou Pel de asno,historia dun incesto non consumado no que o pai pretende á filla. En Hansel e Gretel e nalgunhas versión de Polgariño os pais abandonan ós nenos porque non poden alimentalos.
   Os cativos son moi sinceros coas críticas. “Estamos nun ecosistema fantástico. Non hai censura aos autores”. Pero en O chápiro verde a editorial non lle compracía que o malvado, un devorador de soños, tivera no seu lar un coelliño pingando sangue.