domingo, 29 de mayo de 2016

Tocar madera

Crónica de la final de Champions 2016
Real Madrid 1-1 Atlético  Goles de Ramos y Carrasco
Gana el Madrid a penaltis tras el fallo de Juanfran en la tanda

*Artículo publicado en La Voz de Galicia (30 de mayo) y El Faro de Vigo (31 de mayo) 

(Fotografías tomadas del Diario As)


   La moneda al aire.Una partida a piedra,papel,tijera.Si eres supersticioso tienes más papeletas de perder. La oportunidad, eufemismo de venganza, estaba servida. Y salió el Madrid, el Real, con más alma. Más hambre. Las hormigas obreras vestían de blanco. Hasta con mayor agresividad en los remates a balón parado. Bale tenía ganas y permutaba de banda con Cris; pegó una falta a la olla y Benzema desvió la trayectoria. Oblak sacó el pie izquierdo. Luego Kroos sacó un tiro libre desde el otro costado. El galés despeinó la coleta y Ramos entró con todo ante un arquero indefenso. Clattenburg no vio el agarrón de Savic y sus líneas no levantaron banderillas. Curiosa la parsimonia del trencilla inglés a la hora de mostrar sus castigos. 

   Hasta la media hora el Atlético no alquiló el balón. Para serenarse.  Para no desplomar su ilusión. Hasta perdió alguna pelota de riesgo. Como dejar la puerta abierta de tu finca.Los blancos esperaban agazapados, en zona, pero sin atemorizar con zarpazos intimidatorios. Griezmann venía a pedirla al hábitat del enganche.  Se atrevió con algún latigazo incluso con su pie débil.

   Nunca muere de todo un indio. Torres, matrimonio desavenido con Ramos, había ganado algunos saltos. Ahora forzó la pena máxima. Pecó de ímpetu Pepe. Pero el Principito pegó a romper y el travesaño le devolvió una bofetada. Pero siguieron porfiando.
   Las ocasiones eran rojiblancas. Cambió la tendencia al minuto setenta cuando Modric encontró a Benzema con los colchoneros mal posicionados. Su chut fue al medio con Ronaldo suplicando al segundo palo.  Luego Bale dribló al portero y su chut lo sacó Savic, que estuvo impecable al resto toda la velada. El fútbol sorprende cuando se juega a un toque. Gabi, el capitán aspersor, abrió a banda diestra y Juanfran,un martillo pilón, la puso al segundo palo. Carrasco la empujó con el interior.  Lucas, un peso pluma, no pudo tumbarlo en el tatami.

  Zizou mareaba un cicle sin azúcar.  Era el 93. Yannick corría como si le persiguiese la policía. Ramos sacó la segadora y casi se va a la ducha en su minuto talismán.La prórroga fue un partido de cojos.  Cuando el belga perdió chispa se acabó el circo. Encefalograma plano. Hasta que Marcelo se unió a la fiesta con su maravillosa anarquía.   Oblak es un oso en los penales.Un mimo. Cuatro veces se deslizó el cuero a su izquierda. Cristiano finiquitó confiante al mismo lado. Para lucir abdominales en la foto finish. Para dejar las vitrinas del Calderón sin Orejona.

viernes, 27 de mayo de 2016

Xenio e Retranqueiro

A Cidade da Cultura convida a Antón Reixa
para os Xoves Emprendores.  "Levántate e anda"


   Viste pantalón frouxo a cadros. Case un pixama. “Teño a costela rota e estiven a punto de non poder vir”. Senta ó carón do xornalista Xosé Manuel Pereiro. “Levamos toda a vida seguíndonos o rastro como cans doentes”afirma o da perilla cana. Ambos son escravos do ventolín. Manolo Boquete alaba a versatilidade dos invitados ó Gaiás “Foron un pouco acaparadores”. O ambiente é moi distentido e sarcástico. “Estamos nunha idade simpática”.
   Rompente Edicións é una iniciativa de autoedición que da os seus primeiros pasos en 1978. Axiña percibín que ten a precisión dun historiador nas datas da súa vida. Compartía aventura con Alberto Avendaño e Manolo Romón. “Tiñamos que explicar continuamente porque escribiamos en galego”.  Silabario da turbina é un libro colectivo que é todo un éxito. Vendiase polos bares e esgótase. As ladillas do travesti é unha referencia xa descatalogada na Facultade de Filoloxía.“No 79 xa iamos de sobrados. Nos gañamos a condición de poetas. Tiñamos a au-dacia de perdela sensación de ridículo”. Tiven que pedir un crédito de 200.000 pesetas”.Foi a primeira vez que se arruinou na súa vida. Carlos Casares, un tipo da Limia, dixo na súa sección “Ledicia de Ler” de La Voz de Galicia que “non estaban mal pero non pasarán a historia da literatura”. “Daquela a Real Academia sonaba a timo, a tocomocho”.Vendeu moitos máis libros  cando acadou sona como cantante de rock.  “Estábamos contra o mundo; logo chegas aos 60 e segues estando contra o mundo”.
   Foi profesor de lingua galega de Jesús Vázquez. Non do presentador. Senón do actual alcalde de Ourense que foi conselleiro de cultura. “Os meus alumnos descubriron a liberación sexual antes ca min”. Reixa pediu a excedencia no 87. Sempre que ía a visitar a súa nai ao final da súa vida lle aconsellaba “podes volver ó instituto”. E llo seguiría dicindo aínda que gañara o Óscar. Unha vez pediu un reingreso e lle asignaron un centro de Vigo.“Montei un Cristo”.

   Fundaran os Resentidos no 82. A industria da música funcionaba.“Eran tempos frívolos pero dunha enorme tolerancia e liberdade. Había fame de que pasaran cousas. Nunca volvín a vivir da mesma forma”.   “Entrei na música polo aburrido que era a vida literaria. E por dar a lata”. A literatura xa estaba normalizada, con premios… “O noso sexto disco dixeron que era o mellor por diante de Radio Futura”. No 86 xa eran profesionais. “Eramos un grupo irmán de Siniestro Total, eles eran comerciais; xa tocaban en Rock-Ola. Nos eramos de laboratorio”.
   Entre as personas difíciles de aturar cita a Loquillo. Lembra cando o atopou na parada de taxis de Tribunal ás tres da mañá. Levaba una botella de Jack Daniel´s. Dirixíndose ó vidrio dixo o do tupé “Son máis fieis cas mulleres. Atúrante ata o final”. Tamén ten acordanzas sobre  Domingo García Sabell; “era cleptómano pero non se fala mal dos mortos”.
   O bautizo no mundo audiovisual dérase no 84. Videocreación, videoclips, algúns programas. “Cando se estreou Thriller todos pensábamos que facer videoclips era o mellor. Fracasamos”. Francisco Rodil foi quen lle deu a oportunidade de facer Galicia Sitio Distinto.

   Tivo a idea de Mareas Vivas. “A tele galega era un coñazo. Tocaba ser un visionario”.“Nunca dirixira a actores. Só aportaba argumentos”. Entre os intérpetes había xente do teatro. Tamén Tosar, aínda non moi coñecido, co que “establecín unha relación afectiva”. Rosa Moledo era a lingüista da serie. Tratamos de facer a linguaxe da Costa da Morte. Con gheada e seseo.   O 11 de xaneiro do 99 é o estreo.  “O día anterior eu era un perdedor”.A xente das cidades sentiu empatía por ese galego dialectal. Os de Laxe, convertida na ficción en Portozás, non se vían tan ben reflexados. “Costárame moito sacar ese proxecto adiante. O obxectivo era chegar a un 20% de audiencia e o primeiro día fixemos 26”. Ata lle acabaron dicindo unha vez que tiña que baixar a audiencia. De tolos.

      Un día chamouno Manolo Rivas para adaptar a súa obra, O Lapis do carpinteiro. “Sentinme honradísimo, como portador dunha misión divina”. Tivo malas críticas pero éxito de público. Acadou premios en Mar del Plata e Toulouse.

   “Con Hotel Tívoli fixen algo mal . Puxen dacordo a crítica e público”. Enganou a Luis Zahera pois non lle dixera que o papel do taxista fumador o escribiu para el.
   Convertírase en empresario no 99. “Non estaba na axenda de miña vida”. Hai que facer balances. “Hai activo e pasivo que para min eran roles sexuais”. A incerteza de empeñarse cada día de novo. Por en risco o teu patrimonio. Un mundo velenoso. “Ser empresario é unha vacina para o ego. Ser produtor é traballar para que o talento de outro saia adiante”.

   A habilidade persoal que máis o axudou foi a de ser “terco e pesado”. “Ser empresario fíxome máis recalcitrantemente rebelde.A coraxe é a panca para mudar a sociedade”. 

    "Hai que ter valentía pero non ser incauto”. No 2012 foi produtor teatral de Galicia Caníbal. Foi un erro. Os do audiovisual teñen que conseguir cartos e son outros os que distribuen pero no teatro este gasto é maior. “A obra tiña certa relevancia cultural pero foi unha ruína. Estreouse en Madrid o mesmo día que entrou en vigor o ive cultural”.
   “Eu son un puto triunfador. Un tipo inaguantable. Aprobei o carnet de conducir á primeira”. Do único que se arrepinte é de ter sido presidente da SGAE. “Nunca vin tanta malicia por metro cadrado”.“Hai que estar agradecido cando eres capaz de manter a túa empresa aberta. Estreméceme que nada volverá ser coma antes. Os nosos fillos vivirán peor ca nós. É terrible”. Hoxe,grazas a Deus,ten un proxecto sobre o asasinato dun xesuíta da República de El Salvador.


   Tras dúas horas de interrogatorio baixo do flexo xa estaba farto de tanta leria. “Imos indo, non?”.  Xa tiña gana de botar un pito. E diso non hai vontade de deixalo.

lunes, 23 de mayo de 2016

Paseando coa historia

*Recunchos con vestixios culturais de Compostela
Conduce o itinerario o editor e divulgador cultural Henrique Alvarellos

   A Rúa Nova foi o lugar de asentamento dos primeiros retratistas. A mediados do XIX prodúcese o tránsito dos daguerrotipos ás fotos, como se aprecia na Gran Expo de Londres de 1851.   O vallisoletano Baldomero Almejún foi tamén restaurador da capela das Ánimas.Nesta rúa tiña o seu estudo Andrés Marcelino Cisneros Pereiro. Encargáronlle cubrir a viaxe de españolización que fixo Isabel II no verán do 58. Parece que Charles Clifford non veu polas débedas da Coroa.
   Na Alameda celébrase a Exposición Rexional de 1909, primeiro Ano Santo do XX. Un dos promotores,Pais Lapido,ten un busto no parque. Santiago sufrira no XIX coa perda da capitalidade. No 53 morría xente polas rúas. Non se recupera ata que López Ferreiro redescobre os restos do Apóstolo no 1879. O Pavillón de Recreo, hoxe gardaría, é obra de Antonio Palacios; nos corenta sería edificio da Falanxe. Foi un éxito. Sesenta mil visitantes nunha cidade con menos da metade de poboación. Viñeron o rei e Maura. O fotógrafo foi Manuel Chicharro Bisi. Preséntanse inventos tecnolóxicos como a máquina de caramelos e hai ensaios do cinematógrafo.
   O Hotel Suízo, cunha fachada modernista ecléctica,abriu en 1905.Pechouse nos sesenta afectado pola apertura do Hostal dos Reis Católicos. Tiña carruaxes para levar ós hóspedes. Pasou Hemingway aquí os veráns do 28, 29 e 30, que estaba namorado das Rías Baixas e pescaba no Ulla. Como homenaxe a Compostela chamoulle Santiago ó protagonista de El Viejo y el mar

   O Hotel Compostela inaugurouse no 29.  O 7 de maio do 32 houbo unha homenaxe a Lorca. Tocou no piano as Cantigas de Santa María e fixo mimo; estaba exultante. Firmou no libro de sinaturas como outros coma Alfonso XIII, Evita Perón ou Millán Astray loubando a Franco. Nos poemas a Compostela parece que foi axudado por Blanco Amor. O andaluz que afirmou “para min é mellor soñar que vivir” morreu o 19 de agosto do 36, o mesmo día que Ánxel Casal.


   O Derby inaugurouse no 27.Camilo Díaz Baliño decorou o friso. Alejandro Finisterre, diseñador do futbolín aínda que sen patente, fixo vangardistas percheiros. Valle Inclán estudiara en Santiago, que ten “a soidade, tristeza e a forza dunha montaña”.Volveu nos últimos meses aqueixado dun cancro para que o tratase o doutor Manuel Villar Iglesias. Viña á tertulia, como tamén facía no Café Suízo. Orientábase cara a fiestra que daba ó Castromil.Escribiu La Lámpara Maravillosa baixo os efectos da pipa de cáñamo, como Huxley en Las puertas de la percepción.

jueves, 19 de mayo de 2016

Manos y sotanas

Crónica de la final de la Europa League
Sevilla 3-1 Liverpool.  Goles de Sturridge, Gameiro y Coke (2)
Los hispalenses alzan su 5º copa, tercera consecutiva con Unai Emery


   Hace tres lustros el Liverpool explotaba las pompas de jabón del modesto Alavés. Gerrard, Owen o Fowler estaban en el escaparate del club escarabajo. La puntilla, un autogol en la prórroga.  El Sevilla también estaba de celebración. Volvía a primera división.

   Hoy ya es el modelo de la burguesía continental. Con la solapa plagada de condecoraciones. A los quince segundos Banega ya se divertía con un túnel. Fijaros en mí. Pero los de Anfield comenzaron a empujar. Un fútbol de acero, no apto para los mocasines de Coutinho. Clyne lanzaba boomerangs desde la derecha.   Gameiro, que veía volar las bombas, sólo pudo cazar una chilena. Sturridge amenazó con un testarazo en globo y un remate tras asistencia de lujo de Lallana bien tapado por Soria.La mejor intervención de un arquero que transmite dudas. En el gol anulado taponaban su vista.  A la tercera el ariete aprovechó que Mariano tapaba el pase para afilar su exterior.
 En los pubs británicos se acordarán de tres guantes de ilusionista. El de Carriço de manual,el involuntario de Rami  y el de Krychowiak,una seta en el pasto,zafó por antinatural.
   Unai volvió del descanso con ganas de revertir una pobre imagen. Una abuela motivó a Mariano para que marcase un golazo como el del Shakhtar. El pernambucano instaló un motorcito, puso
quinta, caño inclusive a Alberto Moreno, y regaló un caramelo al principito Gameiro.Pudo anotar de nuevo a continuación de no aparecer de improviso Kolo Touré.Rapidísimo, ahora mucho más que su hermano,a pesar de su corpulencia. Y en una tercera ocasión remató al muñeco,Mignolet, tras peinada de N´zonzi en un saque de banda.Mismo truco que la noche de M´bia.
   A Vitolo le gusta cabalgar en solitario. Esta vez prefirió asociarse. Buscó columnas. Coló el cuero bajo las piernas de Lovren, deprimido sin Euro, y Coke se apropió de la finalización.

   En el veinticuatro de la segunda volvió a aparecer el veintitrés por el otro costado. El linier le quiso amargar la celebración pero hay un rebote desafortunado de un jugador red. El capitán ya sabe como se sentía Bacca.  La vuelta a la tortilla sin necesidad de gastar cartas como Llorente o Konoplyanka. Rami, renqueante, no podrá medirse al tridente culé. Emre Can lloraba por apearse del tren a Europa. Klopp ya es menos leyenda tras morder la plata por quinta vez.    

miércoles, 18 de mayo de 2016

As Irmandades da Fala

Tributo no día do centenario (18 maio de 1916)

Ideas recollidas na ponencia de Emio Xosé Ínsua
no Ateneo de Santiago (18-4- 2016)


   Presentou o acto Euloxio Ruibal “que ven de sufrir un duro golpe persoal”. O conferenciante é o investigador Emilio Xosé Ínsua, natural de Viveiro como os benqueridos irmáns Vilar Ponte.

   Hai versión distintas de como naceron as Irmandades:

a)      Afíns a Aurelio Ribalta

b)      A Cova Céltiga arredor do Patriarca Murguía

c)       Ínsua é máis partidario dos irmáns Villar Ponte, que argallarían todo en paroladas íntimas.  Antón e Ramón mantiñan grande sintonía ideolóxica.

   Antón será o primeiro conselleiro das Irmandades. En 1903, cando era boticario en Foz, contactou con Manuel Leiras Pulpeiro.Así coñeceu a língua galega e o folclore popular.
 
   Antón emigra a Cuba e en dous anos e medio atravesa moitas fases. É moi crítico coas autoridades da illa ás que define como “pelayistas”. Aínda quería recuperar esa colonia do Caribe  tras perdela no 1898. Pese a todo defendía a igualdade de dereitos da súa poboación negra. En 1910, antes de regresar, funda a revista Alma Gallega, onde reivindica o rexionalis-mo galego. Tiña xa un sentimento protonacionalista.
 
   Envíano a Portugal a traballar como xornalista. Alí viña de ser nomeada a República pero os problemas sociais perduran como na monarquía. Así a cruda realidade. E os seus ideais republicanos que tiña de mozo vence defraudados. Queda maravillado pola normalización na fala do portugués.  Nos seus artigos vaise madurando o que serían as bases das Irmandades. En 1915 di que é intolerable que non se edite ningún xornal en galego e non se explicase na escola. “Non se coñecía a Rosalía pero sí se estudaban os ríos americanos”. “cando eu me consideraba o derradeiro superviviente dun pobo suicida” chegou a pronunciar Castelao en loa a Antón.

   Rodrigo Sanz, líder de Solidaridad Gallega, é un dos que fai propaganda galega en Madrid. A loita do catalanismo inflúe. En 1916 houbo alí unha diada apoteósica en prol da lingua. Fundouse unha asociación, Nostra Parla, que foi o espello onde se miraron as Irmandades.
 

 
   Antón apoia o manifestó catalán e presiona a Murguía para que faga o mesmo aquí. Pero non acepta. Ó fundarse a Irmandade en maio asisten tres sectores:


-o de Villar Ponte e a súa muller Micaela Chao. Tamén Antón Chao, que morre xoven. Convertirase na primeira baixa do movemento en maio do 17.

-A dos colegas da redacción de La Voz de Galicia, por exemplo Fernández Merino. Pero pronto abandonan.

-O terceiro sector eran os da Real Academia pero sen Manuel Murguía. Só serán socios da Real Academia sete membros da Real Academia ó longo da súa historia.


   Manuel Murguía tomou duas decisión que lastraron a Real Academia. Reducila a xentes do entorno da Coruña e aceptar a persoeiros de nulo compromiso coa lingua.

   As Irmandades exixían maior compromiso da Real Academia, “que sempre mostrou neste aspecto un carácter timorato”. Houbo un soterrado enfrontamento.

   A fins dos 20 Vicente Risco e Otero Pedrayo ingresaron nas Irmandades. Non era algo casual. Eladio Rodríguez, que presidía a Real Academia, era defensor da dictadura de Primo de Rivera.

   As Irmandades foron “magmáticas” nos comezos. Había xente de ideas moi diversas. Servía calquera con sentimento pola lingua.

   A primeira foi a da Coruña, 18 de maio do 1916, tivo un tono republicano e de esquerdas. A de Santiago, celabrada dez días despois no actual instituto Rosalía de Castro, e máis heteroxénea. Entre os compoñentes temos o líder obreiro José Pasín ou Francisco Vázquez, xornalista que seguía a Maura. Sacerdotes como Jesús Carro ou Manuel Vidal Rodríguez, que escribía libros en galego. Gil Casares era moi de dereitas mentras Manuel María González era republicano. Manuel Vidal quería que fosen católicas.

   Había crises de desafección. Marchaba xente constantemente. A de Ferrol tivo unha desfeita no 18 e logo revive nos 20 cando se pon en marcha a Editorial Céltiga.

   Jaime Quintanilla abandona as Irmandades, colaborara na I Asamblea de 1918, para logo irse ó Partido Socialista.

   A de Ourense sufriu unha vida fluctuante. Comezou sendo agraria e conservadora. Pero desde 1917 coa chegada de Losada Diéguez será un dos polos de atracción de toda unha pléiade de intelectuais.

   Había un pulso permanente entre o sector ourensán, apoiado polo de Baiona, e o da Coruña.   A de Ourense veían unha Galicia céltica, labrega e católica. Esa era a súa utopía.  A da capital herculina era máis democrática, republicana e laicista.   A terceira é a de Lugo no 1921. E a cuarta é a de Monforte. Logo ven a escisión.     
   Antes se aparcaran as diferencias ideolóxicas en prol da afianzar a lingua. Pero había proble-mas máis grandes que rematan coa ruptura no 22.

   Estaban na época do bipartidismo ou caciquismo. As Irmandades quixeron romper con iso. Apostaban pola participación electoral. Apoiaron a Lliga Regionalista de Cambó nas eleccións parlamentarias de febrero de 1918.  Querían darlle unha volta ó sistema da Restauración. Pero sufriron agresións físicas. Luís Porteiro Garea foi tiroteado en Celanova mentres daba un mitin. Só houbo un candidato que gañou, Calvo Sotelo. Foi un fracaso estrepitoso. Parecía que este vieiro estaba amañado.

   Entón divídense en dous sectores.

-O avogado de Vilalba Luis Peña Novo estaba ao frente da Imandade coruñesa. Quería presentarse ás eleccións municipais,onde a xente vota a quen coñece. É dicir,comezar dende o chan. E conseguirá ser elexido.


-Outros como Vicente Risco ou Losada Diéguez pensaban que participar nos comicios é lexitimar un sistema corrupto, caciquil e fraudulento. Imitan o modelo irlandés, país que  consegue a independencia no 21. Consistía nun “goteo continuo” para convencer á sociedade para que se derrube o réxime. 


   As Irmandades na súa historia apenas tiveron relación co movemento obreiro, que eiquí estaba pouco organizado.  Eles tiñan 700 afiliados e o PSOE daquela apenas 600.  Esto se aprecia ben en Xente ao lonxe de Blanco Amor. Xa existían os boicots anarquistas. O campesinado galego estaba constituido no agrarismo. Na época dourada das Irmandades da Fala, de 1922 ao 25, hai un esforzó por acercarse ó mundo agrario para ter do seu lado “ese exército con eles”.

   A entente desfaise cando se implanta a Dictadura. Os da Coruña sufren censura, inquina e represión. Ánxel Casal tiña unha  ficha policial; había policías infiltrados cada vez que se reunía.    

   Joaquín Costa pedira un ciruxán de ferro e o consegue con Primo de Rivera. Acaban colaborando co réxime.Foron inxenuos. Houbo estupor dentro das Irmandades, que se esfarelan. Manuel Antonio reflexou todo iso. Desaparecen entre outras a Editorial Céltiga, a mocidade de Madrid, a revista Terra en Bos Aires… Só resiste a Irmandade da Coruña porque ingresan os activistas máis xóvenes. 

   Os da Coruña eran demócratas e republicanos. Desafiaban á Dictadura. Falamos de Ánxel Casal, Bernardino Varela do Campo, Fernando Blanco ou Víctor Casas. Poñen en marcha escolas que falan en galego.  Cando Casal non podía acudir ás aulas o suplía Luís Acuña.

   Cando se achega o final da dictadura, fervíase a súa descomposición, a Irmandade da Coruña quere reunificar a ING (Irmandade Nacionalista Galega).   En abril do 30 fan a 6ª asamblea.    Por medio do Pacto de Lestrove pactarán cos radicais de Lerroux. Loitaban pola democracia e a república federal. Hai un debate. Adoptar a mesma táctica que a Irmandade da Coruña ou reconstituir un núcleo puro do galeguismo que se preocupe de como vai ser encaixada Galicia nun futuro réxime. Apostaban por “agardar e ver”.

   O sector da ORGA, Organización Republicana Gallega Autónoma, colaborou con Casares Quiroga. O réxime tambaleou e caeu.  O galeguismo so foi capaz de presentar candidaturas puras en Pontevedra. Só conseguiu un deputado, Castelao.   O núcleo pontevedrés,do propio Alfonso Daniel e Alexandre Bóveda, constituen o Partido Galeguista en decembro do 31. As Irmandades que foran resucitando tiveron que disolverse e convertirse en delegacións do Partido Galeguista. En xeral, adquiriron diversos matices e fasquías ata a actualidade.  Non foi un cambio traumático, agás o núcleo irmandiño da Coruña de Alfredo Somoza e Antón Villar Ponte. Non cabe dúbida a que a súa incidencia e proxección cara o futuro foi tremenda.

   O impacto cultural das Irmandades, paralelamente ás inciativas políticas, sería como un II Re-xurdimento.  Querían que Galicia tivera unha cultura completa. A literatura galega, fomentada con moitos certámenes e banquetes literarios, xa non será só poética senón tamén prosa, en-saio, xornalismo, teatro… Fomentan revistas e xornais e xorden as primeiras editoriais fortes: Céltica, Lar ou Nós. Creanse gramáticas e diccionarios. Volcáronse nos coros populares. Apoian a arte, pintura e escultura.  Asorey convírtese no escultor da raza”.  Daniel de la Sota, ao frente da Deputación de Pontevedra, apostou polos artistas.   En canto as artes plásticas, a pintura galega fixera un esforzó por poñerse en pé.  Francisco Llorens e Carmelo F. González axiña quedan caducos. Álvarez de Sotomayor representaba o academicismo. Salvo Colmeiro, Arturo Sou-to e Luís Seoane os demais quedaron ancorados nunha reivindicación paisaxística e labrega.

martes, 17 de mayo de 2016

Manuel María dende as entrañas



Darío Xohán Cabana lembra a figura
do poeta das Letras Galegas 2016
no Ateneo de Santiago (9 maio)

Artigo publicado en El Faro de Vigo (18 de maio)

*Fotos xentileza de Casa Museo Manuel María

   Darío Xohan Cabana é un prestixioso poeta, narrador e traductor. Pasaron polas súas mans a Divina Comedia, O Cancionero de Petraca, a poesía occitana… Sabendo levar ese “meigallo ó galego”. Florencia acabou por concederlle a medalla de ouro. “Tiña uns amigos alí, que importan máis que os premios”.  “Non son un conferenciante brillante. Euloxio ou García Bodaño saben tanto ou máis ca min”. Demasiada modestia para o meu gusto.

   “Manuel María está demasiado cerca do corazón” confesa un chairego do seu amigo tamén chairego. Cando Darío tiña dezaseis anos, alá por febreiro do 68, déronlle o enderezo do poeta, que xa tería uns corenta anos. Mandoulle un carta pedíndolle que lera os seus versos. Respondeulle que viñera unha fin de semana a casa. Coa única condición de que  lle tratara de ti. “Recibín un maxisterio poético, ético e de vida”. Botoulle tamén moitas broncas porque “eu facía disparates”. Logo, Darío seguiría o mesmo modelo cos seus irmáns pequenos.

   Naceu no 29 en Outeiro de Rei, aldea estrana da Terra Chá. Unha pobra vinculada a Casa de Lemos no XV e XVI. Un burgo agrario formado arredor dun castro que hoxe é un pazo en  ruínas. “Un espanto”.  Era un fillo dunha familia importante, de labregos ricos. Xa tiñan once ou doce vacas. Mataban outros tantos porcos ao ano. Cen fincas máis ben pequeñas, algunhas arrendadas.

   O irmán do pai era Xosé Fernández Núñez, párroco de San Froilán, que falaba francés e italiano. Tamén profesor de filosofía.   Outro irmán do pai tiña un comercio en Madrid. E un primo do proxenitor foi un médico de sona en Lugo. É dicir, unha familia integrada coa pequena burguesía ilustrada.

   Tivo tres irmáns. “A nai quería que fosen bos fanegueiros pero algún tiña que estudiar”. Con nove ou dez anos, aínda “sonaban os disparos de guerra”, acudía a unha especie de clube de lectura os sábados. Así coñeceu a Antología de poetas gallegos de Álvaro de las Casas e Literatura gallega de Uxío Carré Aldao. Por tanto xa de ben pequeño coñecía a poesía rompedora. Axiña apreciará a lírica de Rubén Darío. Pero Manuel non so é poeta. Tamén fará teatro infantil, xornalismo e unha narrativa quizais menor.

   En 1942 aprobou o ingreso de bacharelato; daquela operaron ao pai de apendicite pero todo se complicou con moitas infeccións e acabaría morrendo un ano despois.  Tivo que encargarse do seu coidado o tío sacerdote. Levouno de vacacións á illa de Arousa, por iso hai tantos elementos mariñeiros en Muiñeiro de Brétemas.

   Estudiou nos Maristas. Foi interno. “Queixábase moito”. Suspendeu unha reválida en quinto. E pasou o instituto masculino. Alí, con compañeiros como Uxío Novoneyra, coñeceu ó mestre salmantino Lázaro Montero de la Fuente. Un experto na poesía da Xeración do 27. De Lorca e de Alberti pero especialmente Hijos de la Ira de de Dámaso Alonso, do que era bo amigo.

      Empeza a tratar a Anxel Fole, “que estaba mal da cabeza” ou Celestino Fernández de la Vega, que lera en alemán a Heidegger. Un profesor de francés aportou edicións orixinais de Sartre e Camus. “Sabían as cousas e reflexionaban máis que hoxe”. 

   No 49 fai con Manuel Antonio Sopena unha revista “que é unha ruína”. Botáronlle unha boa reprimenda. Imparte unha conferencia sobre as vangardas e Ramón Jiménez. E publica una poemas en castelán, Marinero en la noche. “Non os lin pero creo que son relativamente malos”.
   En 1950, en plena longa noite de pedra, publica Muiñeiro de Brétemas. Xa hai algún poemas moi bos. Unha liña pódese asociar coa gracia saltareira de Luis Amado Carvallo e outra coa musicalidade de madeira de Manuel Antonio. Pero Manuel María non imitaba a ningúen, “foi un poeta da vangarda toda a sú vida.” Mentres ca min andaba na liña de“Celso Emilio ou Curros.”
   Ata entón prácticamente só escribirá versos en galego, Cómaros Verdes, Aquilino Iglesias Albariño.   Xorde a Colección Benito Soto, “un facho no panorama negro da literatura galega”.

   O primeiro escritor que publica en galego despois da Guerra Civil é Manuel María. A Gran Xeración Antifranquista estaría formada por Méndez Ferrín, Arcadio López Casanova, Xosé Luis Franco Grande, García Bodaño, Ramón Lorenzo, Alexandre Cubeiro, Novoneyra, Cuña Novás…

   María quería estudar Filosofía e Letras coma o tío. O cura quería que fisexe carreira en dereito. Pero“era terco como unha mula”.Se tiña unha idea na cabeza era imposible facelo cambiar. Túzaro e carneiro. Aínda que collía esas cóleras furibundas era todo bondade.

   Matriculouse por libre. A primeira nota que tivo foi un suspenso en literatura.Un golpe brutal para un home cuia primeira obra xa loubara Otero Pedrayo.Sensación de inxustiza. Por estas cousas, viviría toda a vida en precario. Escribiu en xullo do 52 con gran “violencia verbal” o excepcional Morrendo a cada intre. Creouna nunha noite ou iso afirmou el.  Foran dous anos de “desbordamento e tormenta”.

   En outono comeza a escribir Advento. Un dos grandes poemarios galegos xunto con De Catro a catro.  Rematouno en febreiro pero foi escrito máis a modo ca antes. Publicouse no exilio grazas a Luis Seoane. Formalmente é mellor. Á moda do surrealismo e con imaxes alucinatorias. Angustia vital. “Libro redondo onde non falta nada, nin unha coma”A última parte anuncia unha poesía pobre en recursos.

   Ven facer o servicio militar a Santiago. Conta Xosé Ramón Pousa que El Correo Gallego fíxolle unha entrevista ó soldado das letras. Cando se percatou o sarxento lle deu unha bofetada “por poeta”. Anos despois o sarxento convertiuse en carteiro e tivo un reencontro con María cargado de humanidade.

   No tempo da mili atópase con grandes intelectuais. Con Bouza Brey, o pintor Maside que lle descobre o marxismo ou Otero Pedrayo, “presidente secreto da República Galega”.  Foi comer con el moitas semanas e de aí xorden os poemas a Compostela, que se publicarán moitos anos despois. Pola mañá daba clase ós analfabetos. Amaba a xente. “Falaba con todo o mundo. Ata cos toliños!”

   No 63 sae Mar Maior, inda que ten poemas escritos desde 1952. Eiquí “Versos para o día da miña morte” é boísimo e transcendente. Escribe en diálogo con Francis Jammes, poeta francés algo olvidado, Luis Pimentel ou Álvaro Cunqueiro. Pero seméllase máis o creador minoniense de Herba aquí e acolá que o de Dona do Corpo Delgado.

   Os xornais pagábanlle mal. Facía algunhas colaboracións na radio. Pero non tiña oficio nin beneficio. “Tampouco quixo ser secretario do concello.”


   Buscou un sitio onde radicarse. Monforte. Tivera a sorte de coñecer a Saleta no 56. Na radio La Voz de Vigo ofrecéronlle ser xefe de programas. “Xa era alguén”. Dábanlle 6000 pesetas de salario. Era moito. Pero dixo que non porque tiña que afiliarse á Falanxe. Non pasou polo aro.


   Remol pertence a esta segunda época de repouso. “Acuso á clase media” é un gran poema, case unha bandeira. Se grabou nun disco e foi recitado por moitos axitadores, “entre eles por min” na trastenda dunha taberna.


   Viviu como procurador. No 70 a parella monta a Librería Xistral que se converteu nun centro cultural. “Atendía ela porque Manuel en asuntos comerciais non valía absolutamente para nada”.

   No 64 entra na UPG. Mantén unha militancia política intensa nos anos da nova canción galega. Presentou no 67 o recital de Raimon en Santiago. Morto o dictador puxéronlle unha multa á parella por unha manifestación política.
  Por iso, podemos dicir que Proba Documental, do 68, inaugura unha etapa de poesía civil e combate. Os soños na gaiola é de carácter político aínda que non se olle expresamente. Esta fase se prolonga ata fins da década dos setenta.

   É un “poeta orgánico” como Louis Aragon ou Neruda. Ó servicio da liña do partido. Fixera gran poesía e outra non tanto. Pero incluso Rosalía ten versos para olvidar. O chileno chegou a escribir unha loubanza ó rexime cubano antes de cabrearse con eles. “Manuel María escribiu 1500 poemas e 50000 versos”. Pero eran nobles e fixeron moitos sacrificios. Na antoloxía que fixo Darío con Amelia Outeiro escolmaron noventa poemas. Coincidiron nun oitenta por cen. A quintaesencia da súa obra.
   Desde 1980 a liña da poesía cambia de maneira radical. “Demasiado prolixa”. Con sutileza de recursos expresivos pero nos conmove profundamente. Fala de amor, reflexiona sobre a morte. Era un home moi relixioso, algo que non estaba de moda nun tipo de esquerdas. “Cre na pervivencia, na inmortalidade”. Confesa Cabana “me conmove como Dante ou San Juan de la Cruz sendo un ateo radical”.

   No 85 deixou de militar na organización. Pero continuou no ámbito político do BNG. Deixou de facer poesía política quizais porque lle deixou de interesar. Pese a todo pudímolo ver incluso na Manifestación do Prestige.

   A súa vida foi exemplar. “Estivo en todos os sitios onde tiña que estar e nalgún onde debería non estar” Deu centos de conferencias, incluso na emigración, aínda que ás veces non lle pagaban. Gustoulle sempre viaxar. Era o que máis lle chistaba despois de falar. Nos setenta estivo en Suiza ou Venezuela. Desde 1985 viaxou por Europa adiante polas sociedades de emigrantes. 

   En relación as súas amizades con outros pais das letras sabemos que coñeceu a Cunqueiro cara o 50.  Bebían, non moito, e comían xuntos. A relación foi profunda. Elexías a miña vida pequeniña apareceu entre os papeis do mindoniense porque llo enviara o chairego. Logo se distanciaron por radicalismos políticos.

   Foi amigo de Méndez Ferrín desde que este “andaba en pantalón curto”. Adicoulle Informe pra axudar a alcender unha cerilla, obra surrealista de protesta, cando o ourensán estaba na cárcere. Non foi menos Xosé quen lle dedicou uns versos de Con Pólvora e Magnolias. Distanciáronse despois e dixéronse barbaridades. Pacificaron anos máis tarde. María entrou moi serodio, 2003, na Real Academia porla obstinación de Ferrín. “Logo competían en quererse”.

viernes, 13 de mayo de 2016

La reinvención de Cela



*Conferencia de Luis Iglesias Feijoo
en la Fundación Camilo José Cela
por el centenario del nacimiento
del Nobel gallego (11-5- 2016)



   “Estoy por comprar una entrada para que me la enseñen”. Bromeaba Camilo José Cela Conde bajo el umbral de la puerta de entrada de la Fundación de su padre tras la ofrenda floral.

   Luis Iglesias Feijoo, patrono de la Institución, nos abrió el apetito y sirvió de acicate para leer algunas páginas del Nobel que no hubiéramos visitado todavía. Sin ruegos ni preguntas.

   Desde su juventud mostró interés por los versos. Su “innegable tono lírico”, propio de los poetas,se encuentra toda su obra. Ya ocurría en Valle Inclán al que el de Iria mostró aprecio. En 1996 reunió toda su poesía en un libro con un estudio preliminar de José Ángel Valente.

   Siempre recibió críticas furibundas. Pascual Duarte fue tachado de “inframundo inhumano tremendista”. Pabellón de Reposo carecía de acción e intriga.   El Lazarillo, una nueva vuelta de tuerca a la picaresca. La crítica no entendía que La Colmena no siguiese el tradicional proceso de exposición, nudo y desenlace. La Catira no lograra captar el lenguaje de Venezuela. San Camilo 1936, ambientado en la Guerra Civil, no gustó a la mayoría pero cuando publicó Oficio de Tinieblas 5 ya preferían la anterior. Desagradó Mazurca para dos muertos, emparentada con la música, que hoy para muchos está entre las tres mejores obras de Cela. El asesinato de un perdedor, que habla de la indeterminación que rige la ficción, no fue muy atendido. La cruz de San Andrés sólo se recuerda por un pleito por plagio.



   La sociedad se mueve lentamente en sus gustos. “Y Cela nunca se vendió al éxito fácil  de aplicar una fórmula ya existente”. Experimentos y desafíos. Aplicó la máxima de que el que resiste gana. “El triunfo es una larga paciencia”. No claudicó. Ya en 1953 ironizó con que “la novela es todo libro bajo cuyo título se pone la palabra novela”. 

   Decían que se burlaba de sus personajes, que eran marionetas, estampas de esperpento. “Eran peleles para hacer reír; no le podemos pedir que sean Aristóteles o Séneca.”

   En sus libros de viajes demostró que la tierra española estaba dispuesta a ser retratada para quien quiera gastar un par de zapatos.   Dos libros de memorias. Memorias, entendimientos y voluntades desilusionó a muchos que esperaban que continuase el tono lírico de La rosa, escrito más de tres décadas antes. 

   También abordó los cuentos, ensayos y apuntes carpetovetónicos. Y un teatro nada convencional y cercano a la ópera. Incluso adaptó La resistible ascensión de Arturo Ui, de Bertolt Brecht. Se volcó en diseñar diccionarios secretos y uno geográfico que quedó inacabado. Preparó ediciones de El Quijote. Impulsó la Editorial Alfaguara. Estuvo al frente de Son Armadans, revista en la que vigiló cada línea. 

   El hombre que se acordó del pintor Solana en su discurso de entrada a la Real Academia aglutinó la obra de un gigante. La inspiración venía tras horas de trabajo. Una soledad creadora.