domingo, 10 de enero de 2016

Jesús Miguel de Toro Santos



*Suso de Toro celebra o seu sesenta aniversario



   “Nacín un dez de xaneiro do 56 como Muñoz Molina”. Ó principio lles fixo gracia a ambos e logo xurdiron as diferenzas. De cativo lle impactou o crime do zapateiro da Rúa Nova.

   “O meu folklore familiar era froito do desarraigo. Tiña vocación de éxito”.Fillo de emigrantes. O pai veu dunha aldea de Zamora. Un home de dereitas que traballara para o exército. “A linguaxe  na casa era cuartelaría. Eramos todos homes”.A nai criou seis fillos. Era moi protectora;“preocupada porque non lle saira un fillo mariquita”. Os irmáns son médicos. “Cultivan a brutalidade”.

   “Crieime nas tabernas. Flotando entre moita xente distinta con historias fragmentadas”. Puro guión. Pois a traxedia non xermola nun mundo urbano contemporáneo. Soe darse no rural, nunha comunidade onde a xente se coñece. Nas obras clásicas o coro é o que di “xa se vía vir”. Se ocorre unha desgracia nun piso de moitos andares o morto é anónimo. Está desarraigado.

   Tiña boa puntería como cazador. O seu mentor fíxolle un rito iniciático untándolle a cara de sangue. “Cazadores e troiteiros pensan todo o ano no obxectivo aínda que non sexa tempada”.

   “Fun sindicalista, estiven en piquetes, toda a miña vida foi épica”. Por escribir en galego exixíanlle compromiso. “Eu non soporto o rollo pijo del telón de grelos e o de levar boina”.

   Aínda que nunca a estudiou, sempre lle prestou a música. A hortera. Creedence Clearwater Revival por exemplo. Tivo un grupo de música nos oitenta. Suso y los Multiusos.

   “O meu avó cando ía pola aldea collía todo do chan”. Quizais aquel aramio logo lle serviría para arranxar algo. Así somos os escritores. Non debemos tirar nada.  Pero “chega o momento en que te falta o rigor e a enerxía física para facer obras que fixeches hai quince o vinte anos”.

   Recurrimos á humildade como escudo. “Todos buscamos a protección ante as envexas dos demais e ante o mal de ollo”.“Se son listo para que o vou a disimular. Antes non era así pero cheguei a unha idade na que me da igual”. “Un faise repugnante cos anos. Pásanos a todos.”


   “Cando me seco coa toalla non me acaricio. Me golpeo. ¿Por qué o fago así?”.“Caeme o pelo.  Xa non mexo coma antes; antes o facía contra a parede e salpicábame. Agora vou a saltar dun penedo e miro ben o que hai abaixo. Pero estou máis reconciliado coa miña vida”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario