viernes, 29 de enero de 2016

Punto de retorno


2005.  “La Junta Directiva ha acordado en su reunión ordinaria que Dámaso Aleixandre sea el galardonado con el crucero por incentivos de nuestra compañía”.

   Todo eran parabienes. Aún no se le había borrado el bronceado del viaje del trimestre pasado a Kenya. Un par de deportivos de alta gama en su garaje privado. En su perfil de Facebook asomaban chicas monas un día sí y otro también. Hoteles de ensueño. El físico le acompañaba. Hay que reconocerlo. No tenía muchos íntimos pero le gustaba agasajarlos con rondas de cerveza.

 

2015. “La Junta Directiva ha acordado en su reunión ordinaria  que Dámaso Aleixandre sea cesado de sus funciones por los pobres índices de ventas”. 

   El Banco apretaba para recuperar los intereses del préstamo. Mamá había legado sus bienes al hijo que la atendió hasta los últimos días. Papá había rehecho su vida con una horchatera valenciana. La última que pasó por su almohada solo le había chupado su cuenta corriente. Las cervezas habían redondeado su tripa. Había menos pelo en su cabeza y más en su nariz y orejas.

 

2016. “Hombre se arroja desde el 7º piso del Edificio Windsor”

   Un caballero de 42 años que responde a las iniciales de D.A. se ha desplomado desde lo alto de este inmueble compostelano. Los análisis toxicológicos han confirmado que había triplicado la dosis de ingesta de su medicación nerviosa. Índices de por sí insuficientes para que la causa del deceso fuese esa. Fuente a las que ha consultado este periódico informan de que era una persona de negocios conocida en la ciudad que en los últimos meses se mostraba muy desmejorada. Hay quien lo reconoció durmiendo entre cartones en los bajos del Antiguo Cine Yago visiblemente delgado y con los ojos desorbitados. No había firmado testamento.  Sus acreedores han consultado con abogados prestigiosos de la ciudad para ver si pueden recuperar algo de liquidez. Una nota asomaba en el bolsillo de su abrigo. “Perdona mamá”.   

miércoles, 27 de enero de 2016

Réquiem por Díaz Pardo



   Frío e chuvia no camposanto. Os vivos veñen a celebrar o cuarto cabodano do que foi para alá.  Bandeira republicana e bandeira galega. Sen medias hastas. Sen vento están tristeiras. “As que segundo Xesús Rábade mostraba Isaac durante a República.”   Catro gaiteiros sopran o folclore do pobo. O máis mozo con piercing e cazadora. Desprazámonos ao norte do cemiterio. No centro Díaz Pardo. Á dereita o poeta Aurelio Aguirre e á esquerda Antón Fraguas. Ás horas do mediodía como no Monte Calvario.

 
 
 
  A profesora universitaria Ana Acuña agradeceu a Díaz Pardo e Edicións do Castro o seu apoio a En Tránsito.  Foi “auga unificadora e soño creador”.

   O profesor de Ciencias da Educación Antón Costa lembrou que no 78 querían reconstruir o Seminario de Estudos Galegos en San Domingo de Bonabal. “Eu era un dos máis novos”.  Dos últimos anos de Isaac contou unha anécdota; estaba durmido nunha hamaca nun día cálido de xullo e tiña o sorriso de Daniel.


   Esperanza Mariño Dávila diseñou un percorrido en Santiago cos espacios clave para Díaz Pardo. Considera que a súa poesía comprometida aínda foi pouco divulgada. Tamén Os Cantares de Cego merecen unha revisión.  En A nave espacial podemos ler “pensaban na lúa, olvidando os problemas da Terra”. Outro fala do Marqués de Sargadelos. Cine de Londres é sobre unha labrega galega que emigra a Inglaterra e sofre tantas humillacións da súa dona que a acaba matando. É unha parábola do pobo galego, sempre manso. Castelao reivindica a figura do galeguista na súa verdadeira esencia e critica o caciquismo.

   Arturo Pita Fernández falou no nome da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Lembrou que Isacc tiña a teima de que Ramón quería repousar en Sada. E salientou a bonhomía do home que levou polo mundo o Castro de Samoedo. Malia que a produción de cerámicas atravesa unha profunda crise coa máis que probable desaparición.   Tanto como a súa muller Carmen Arias, alias Mimina, son socios de honra da devandita asociación.
 
   O comunista Jesús Redondo Abuín preferiu o camiño das emocións. Destacou a actividade multidisciplinar dun home que militou nas Xuventudes Socialistas Unificadas xa con dezaseis anos. Era “listo como un allo”.  “Colleu o bisturí de abrir en canal as palabras”. “Non colgou a roupa de traballo ata que lle deu un corte de manga ó mundo e baixou a persiana”.
 

 
   O entrañable poeta Xoán Xosé Fernández Abella recibiu a ovación máis sonora da mañá. Na súa biografía poética salientou as súas duras orixes. “Teu pai Camilo Díaz Valiño asasinado, a nai morreu da máis fonda tristura”. A xenerosa dona foi pintora e cartelista. E mil epítetos cheos de tenrura para o “xenio renacentista”. “Guía para os que amamos a verdade e a valentía”. Un comunista que elixiu un exilio voluntario. Un ser altruísta. “Déchelo todo e te quitaron todo”.       

 
 
  Claudio Rodríguez, director da Cátedra Valente, afondou nunha faceta máis do finado de “corazón constructivista”. Era un epistológrafo empedernido ata os últimos días. Para concluír cun fermoso epitafio: “Se algo é mentira, compañeiros, é que morreu Isaac”. 
 

   Helena Villar Janeiro foi breve. “Alumeou os camiños. Liberaranos da amnesia”. Logo dela chegou a actuación de Mini e Mero. Semella o nome de dous cómicos mais son uns veteranos músicos que integraran a mítica banda Fuxen os Ventos. Dúas pombas en liberdade.
 

   O erudito Alonso Montero fixo unha brincadeira politizada ao referirise á Academia Real Isaac Díaz Pardo. “A monarquía ten que ver pouco coa realidade”. O de gravata vermella apelou ó rexidor de zapatos morados. “A primeira vez que hai un alcalde neste aniversario”. Ademais potenciou a orixinalidade da ofrenda. “En ningún sitio se levan mazás a unha tumba”. Repartiría as froitas entre outros veciños de Boisaca coma Valle Inclán, Aurelio Aguirre ou An-tón Fraguas.  “Hai que salvar o Fondo Díaz Pardo e poñelo a disposición dos investigadores. En Estados Unidos tería unha biblioteca propia”. Tamén quixo traer ó recordo a un gran amigo de Isaac, Lorenzo Varela, quen loitou pola República; o ano que ven será o seu centenario e “non terá moitos botafumeiros para honralo”.

domingo, 24 de enero de 2016

Presidente Quinteiro

Antonio Quinteiro fala da súa aposta polo Compos no Foro "SD Empresarial"

   O apelido materno é Canedo. Como se acechase alonga sombra do antigo presidente. Colleu o equipo nas catacumbas da lei concursal e refundouno. “O Campus Stellae non tiña estructura de clube. Recuperamos o nome e o patrimonio do Compos, os seus trofeos”. Aínda que atopou sopresas desagradables “Non esperaba as débedas ocultas que había ahí. Os xogadores levaban sete meses sen cobrar; só o fixeran os tres primeiros”.


   “Queríamos recuperar a ilusión da cidade”. Pero tras dous ascensos para afastarse de Preferente aínda son poucos os fieis en San Lázaro. Láiase pola pouca concorrencia. “Ó Depor a afección non lle deu a espalda cando baixou. Ó Celta lle custou recuperar a súa masa social. Aquí será porque hai frío aí arriba”. En troques “sempre recibimos un cariño cando imos por aí fora; e o que nos falta na casa”.

   “Compromiso, traballo e dedicación. Hai que durmir menos horas pero da satisfacción”.  Tivo que deixar de xogar ó fútbol. “Ata os 47 anos o facía duas veces por semana” afirma o que fora xogador das categorías inferiores do Compos.  Os que fan deporte adquiren uns valores especiais; estes “loitan por un obxectivo e esa intensidade se transmite a nivel empresarial”. El é proactivo por narureza. “Se teño unha avaría na casa e non poden vir, collo a ferramenta e o fago eu”.   “Son decidido, competitivo e me gustan os retos".
   Este ano a situación deportiva necesita dun pulo. “Os 90 minutos deportivos se convirten en sufrimento”. É quen de confesar o seu debe. “Non renovar a Fredi o ano pasado aínda que non gañábamos fora da casa”. O adestrador escoita hierático nas últimas ringleiras xunto aos seus pupilos.



  “No partido de homenaxe a Angrois non conseguimos resposta do Dépor pero desde a chegada de Tino estamos máis cercanos. Temos que ser o fillo consentido do Celta e Dépor”. A lo menos esa amizade xa logrou os primeiros froitos. Conseguiuse a cesión do prometedor Bicho.

viernes, 22 de enero de 2016

Con Tino


O Presidente do Dépor fala do seu éxito empresarial
 e da súa paixón no Coloquio SD Empresarial (20-1-2016)

   “Teño título de entrenador de baloncesto nacional. Pode chamarme o Obradoiro aínda que Moncho é un míster fantástico”. Foi seleccionador galego en infantiles e cadetes e do Ribeira en Segunda División Nacional. “Unha experiencia e unha escola para saber manexar grupos”.

   “Vou ó fúbol desde neno”pero “son máis do Dépor que do fútbol”. Lembra ver xogar ao equipo do seus amores contra o Burgos de Juanito.  Só baixou a Balaídos para ir a ver o Dépor. Cando pretendía velo amistoso entre España e Alemaña nunha noite de chuvieira pinchou unha roda.  No 94 tivo mellor sorte; coñeceu alí a súa esposa nun aburrido derbi sen tantos. 

 

 

   Con Lendoiro se acadaron os maiores éxitos deportivos pero se multiplicou a débeda. Hai xusto dous anos colleu o Dépor en segunda. Ía segundo clasificado tralo Sporting que non acadou o ascenso. Fixo a auditoría en Garrigues. Ó borde do abismo. “Non quería levar os documentos no coche por si tiña un accidente e os veían”. Gracias ó contacto con Jaume Roures, a primera vez por burofax, conseguiu o capital semente.  Agradece o apoio do presidente Feijoo, Carlos Negreira ou Juan Juncal. Considera a Carlos Mouriño un amigo de verdade que lle deu bos consellos;  “non hai que deixarse levar pola euforia ou a desgraza senón pensar no proxecto”.

   Cando foron a xogar á Condomina en setembro tiñan as contas embargadas e, aínda por riba, perderon un a cero co Murcia. Debutaron ó ano seguinte na Liga BBVA en Granada e caeron dous a un. “O día antes non tiñamos cinco fichas”.

   “Nun clube como o noso é imposible facer longos contratos”sen que haia máis cláusulas por obxectivos. Xa desapereceu o fútbol no que lle das ó de seguridade “cincuenta pesos ó acabar o partido”sen que teña a formación axeitada. “Na Liga de Fútbol Profesional ninguén te bota unha man. Non hai que pagar os soldos por medio dos axentes; se te pillan estás morto”.

   “Como empresario sempre estiven no lado claro”. As contas van cadrando.“O ano pasado foi o de maior beneficio de toda a historia e este ano o superaremos”. Uns once millóns de euros. “Desde que cheguei todo o mundo cobra o día 28”. Non lle importa perder amigos por non regalar invitacións.“Temos dous para cada conselleiro,incluido eu,e o último día llas din a Lucas”.

   O Dépor é unha “empresa de sentimentos” como lle gusta dicir a Luis Fernández Somoza. Por iso hai xente que é soterrada ou se casa en Segovia coa bufanda do clube herculino.

 “O sufrimento do Camp Nou valeu a pena”. Os resultados deportivos van moi relacionados co orzamento. Son moi raras as excepcións.“Quedamos o dezaseis e eramos o dezasete en cartos”.

   Sempre viaxa co equipo.“No descanso se imos gañando estou desexando que acabe”.O único encontro tranquilo foi a victoria ante o Espanyol. Pero trala manciña do Madrid e a decepción do Mirandés o día seguinte “fun ás dez para cama”. Contra a Real preferiu tomar repouso. “Así puden berrar na casa”.   Nos partidos non é o mellor intre para facer negocios. “Nas comidas de equipo os presidentes somos supercompetitivos”.

   A Altia “lle dedica menos tempo que antes”polo Dépor. Montou a empresa no 94 e ata hoxe ningún se quixo marchar da súa beira.  Os primeiros cincuenta enxeñeiros acudiron a súa voda. “Creo pouco no hiperliderado. Gústame delegar. Hai que saber captalo talento e ilusionalo”.

      O empresario tamén patrocina ó Ural, Liceo e ó Basquet Coruña. Quedan tres longos anos de mandato no Dépor.O único erro que asume foi a súa xestión do acontecido no Manzanares.


 

jueves, 21 de enero de 2016

El Cine Realista

*Reflexiones extraídas de la conferencia de
Gracia Querejeta en el Ciclo Nexos. (16-1-16)


   Pertenece a la generación del 90. Fue directora de la ECAM, una escuela de cine madrileña, durante tres años. En el último curso solo entraban seis personas pues “hacían una criba de la leche”. Y a ese escalón solo saltaron tres chicas y no se fomentaba el sexismo. “Las mujeres se han dedicado más al montaje y a la fotografía. Es difícil conciliar la vida familiar si eres directora. Me matarán las feministas. Alejandro Amenávar cobra mucho más que yo, no porque sea hombre sino por su caché”.

  La estudiosa de Historia Antigua en la Complutense dio unas pinceladas de la aurora del séptimo arte. Primero apareció el documental. La mejora de la técnica,que las cámaras puedan moverse, y que las pelis puedan ser más largas, llegar a los 11 minutos, hicieron posible la ficción. El avance tecnológico es constante. “He visto los primeros magnetoscopios para rodar y pesaban 500 kilos y eso era lo menos operativo que hay pero hace 35 ó 40 años nos parecía la leche”.El cine es arte contemporáneo. Pero también industria porque a diferencia de la escultura necesitas gran cantidad de dinero.

   Los americanos tras el crack del 29 y la gente tirándose por las ventanas empezaron a hacer cine que analizaba lo que le sucedía a la clase media.

   El realismo social se desarrolla aquí sobre todo en los 50 y principios de los 60. Pensemos en las obras cumbres de Berlanga como Bienvenido míster Marshall, Plácido o El Verdugo. Utilizaba la vis cómica para enmascarar el franquismo. Buñuel hizo un documental sobre las Hurdes donde se centra en gente deforme y sin alto grado de desarrollo. De Carlos Saura tanto sus inicios como su etapa posterior; La Caza al principio se llamó La caza del conejo y el censor no lo permitió. Su padre Elías, que venía de provincias, San Sebastián, no lo podía entender.

   Las películas de los setenta asociadas a las drogas y cintas de los ochenta como El Vaquilla o La Estanquera de Vallecas son cine social. También Barrio y los Lunes al Sol de Fernando León de Aranoa. Esta última parece casi un documental y es pura ficción.“Coloca a los personajes para que la narración avance”.


   El cine de ficción aúna elementos no reales que pasan por una coctelera pero que han de parecer reales. Pero no surge por generación espontánea de la nada. “Interaccionamos con los demás en este Planeta que nos estamos cargando. Hay retazos de la realidad, tal cual es”. La ficción es el arte del engaño. “No hay nada más espantoso que no creértelo, es incluso peor que que no te guste”. Se ruedan unos dos mil cortos al año en España así que ya está prácticamente todo contado.  Por lo que lo “importante es como se cuenta”.

   Las artes se mezclan. Por ejemplo, en la escena teatral se emplean técnicas audiovisuales como parte del espectáculo.  Gracia hizo uso de técnicas del documental en sus ficciones. “ En Felices 140 los actores hablan a cámara y al principio no se sabe por qué".

   “Maribel es malísima, irresponsable en el rodaje” bromea al referirse a su actriz fetiche. Eduard Fernández es contenido, callado, estudia muy bien su papel. “Necesita un par de jornadas para fiarse. No es el pelmazo que te hace mil preguntas”. Hay algunos actores con los que trabajó y no lo volvería a hacer “pero eso no lo voy a contar”.

martes, 19 de enero de 2016

Zz


Ejercicio de Deceleración narrativa


Me quité el vaquero y se cayeron las llaves.
Desabroché la camisa. Había puesto mal un botón. No es la primera vez.
Dudé si quitar los calcetines.  Mejor no.
Vestí el pijama de Toy Story.
Cerré la puerta. Un canuto de papel higiénico impide que se abra.
Puse el flexo a reposar.
Me acosté. Añoré que me arropara.
En el colchón cabían tres. Ya que nadie me veía hice sitio a Trompi.












La puñetera sábana estaba suelta a los pies. ¡Qué rabia!
Así no puedo descansar. La pereza me mandó quietud.
Uno de los muelles del colchón me convertía en faquir.
Los dientes superiores crujieron con los de la litera de abajo.
Tengo ganas de orinar. No pienso levantarme.
Sonó la maldita alarma del salón. Me crispa que papá no la escuche. Los agudos.
Frío. Imagino la habitación azul. La veo negra.
¿Habré conectado bien el despertador?
 

lunes, 18 de enero de 2016

Documentales con Gracia


La directora Gracia Querejeta
es la primera invitada
del ciclo Nexos 2016
en la Ciudad de la Cultura




   “Mi padre no decía documental sino película documental sino se ponía negro”.  La directora insiste en que no es un simple género.  Los compartimentos ya no son estancos.  Así,  pueden ser de género social, de pajaritos… O híbridos. Algunos intentan instruirnos y aleccionarnos.

   “No soy historiadora del cine como Garci” pero el cine nace como documental: llegada de un tren, salida de los obreros de una fábrica…La hija de productor y figurinista recuerda que Georges Méliés fue el que se percató de que se podían contar historias. Y así nace la ciencia ficción.

   En el cine, y en el arte en general, la objetividad no existe. Ni siquiera en los documentales de tragedias. Sino solo sería un reportaje televisivo que tiene el propósito de tratar la realidad. 

   Un buen documental debe tener algo de ficción, así adquiere una mirada específica. “Me pueden contar las verdades del Barquero pero además de didáctico ha de ser divertido”

   Los falsos documentales usan las técnicas del documental pero son como las pelis de ficción. El de Jordi Évole es un espectáculo televisivo. “Lo hicieron bien porque hubo gente que se lo creyó”.

 
   Muestra admiración por Víctor Erice. “Es un sabio,un personaje de mi infancia”.Aparece y desaparece como el Guadiana porque le da muchas vueltas a las cosas.Le encanta El Sol del membrillo.“A la niña de El Sur no le cabía el traje de la Primera Comunión a base de comer bocatas”.
 
 
   Entre sus predilectos está el de Jean Renoir sobre el nazismo.En Nanuk el esquimal salen tantos niños de una barca que “parece que hay truco y nos hacen la cuatro cuarenta”. Searching for a Sugar Man es un documental de investigación.Tiene algo de musical y social. Pero ¿Es verdad?
 
   Hay los que pretenden demostrar algo como los de Michael Moore que armó la revolución con Bowling for Columbine, donde se acerca al realismo social, la delincuencia, la pobreza…
 

 
 
   “No os perdáis El Desencanto”. Acabas pensando si es real o está manipulado.Antes las cosas se hacían con más calma. Hoy las productoras con dinero no te permiten hacer eso.“Conocí a la familia y me daban un miedo que me cagaba”. Hacían bromas macabras.“A mi padre le sacaron una pistola.La madre, Felicidad,tenía mirada de hielo”,pero nunca se desmoronaba;asumía el estado psicológico de sus hijos.“Michi Panero,que iba siempre encorvado,murió muy joven”.


   Ella misma también se puso manos a la obra. Montó un documental sobre la Roja donde aparece Iribar.No consiguió contactar con las estrellas de la selección pues“es casi imposible llegar a ellos”. Pero la forofa de la Real no logró mucho eco “como hicimos el ridículo en el Mundial”.

viernes, 15 de enero de 2016

Valle Inclán nas trincheiras



*Conferencia de Margarita Santos Zas
en Los Lunes del Ateneo de Santiago

A filóloga visitou os lugares de
destrución na primavera de 2014

*Versión reducida do artigo
publicada onte en El Faro de Vigo



   O día 5 cumpríronse oitenta anos do pasamento de Valle Inclán. En outubro fará un século e medio do seu nacemento.Por se fora pouco A Lámpara Maravillosa fai unha centuria. É unha novela que cultiva a cábala e a linguaxe exotérica e ocultista. Parece que tiña lido a Helena Blavatsky.

   Tamén hai cen anos da misiva do goberno francés que lle pide que fose correspondente na Gran Guerra.No seu pasaporte leíase “barba moi longa, ollos garzos,fáltalle o brazo esquerdo”.

   Valle tomara partido polos aliados desde 1915 tanto en privado como en público. Asinou o Manifesto en favor dos aliados que redactara Ramón Pérez de Ayala. Tamén figuraban outros pensadores como Pérez Galdós, Maeztu, Antonio Machado, Azorín, Manuel Azaña.

   Viaxa a París o 27 de abril de 1916. Non regresa ata dous meses máis tarde. Chegou a estación de Orsay e hospedouse na casa de Jacques Chaumié. A prensa gala prestaoulle moita atención pois xa era coñecido por ser traducido ó francés. Na capital visitou a Rodin e ó pintor Ignacio Zuloaga que tiña un estudo en París e era moi ben considerado polo escultor.Participou tamén na homenaxe que A Sorbona lle fixo a Rubén Darío que acababa de morrer.  O 2 de maio visita as fábricas de munición onde xa se incorporaban as mulleres ó traballo. O 4 escoitou a historia duns cadáveres alemáns que aboiaban no mar e chegaban á ribeira coa marea.

   Apareceu un caderno privado de notas de puño e letra do escritor.Dun formato dos que eran comúns nas vangardas. Escrito a pluma salvo seis páxinas a lapis. Con múltiples correccións e anotacións.  Emprega frases curtas, sobrias e lacónicas. Moitas veces ideas desposeídas de emoción. Nunha nota di “Soy de Pétain”. Ao ser maneto precisaba un apoio estable polo que seguro que escribía de noite ó chegar ós aloxamentos. Empeza de xeito vertical e cara atrás, logo segue na orde normal. Deixou dúas follas en branco no medio para que non converxan.

   A Casa da Prensa era a que organizaba as visitas dos xornalistas. O 5 de maio foi a fronte de guerra por primeira vez. Desde entón só facía viaxes intermitentes a París.Diríxese ás cercanías de Belfort. Acompáñano Chaumié, Pierre Lalo e outro oficial francés.Van bordeando os Vosgos.  Estaban na longa fase de trincheiras ou posición na que apenas había cambios. Os avións deixan de actuar para recoñecelo terreo para convertirse nunha arma letal. Voan globos e cepelíns. Tamén serán determinantes os lanzachamas e os primeiros tanques e bombas químicas.

   O 6 de maio saen ás cinco da mañá para Alsacia. Visitan lugares como Lure ou Thann. Tamén o pobo en ruínas de Metzeral.  “Diviso la plana verde de Alsacia. Ahora está calva como si hubiese pasado el hacha de un leñador”. Queda impresionado polas angostas trincheiras.“Fosas embarradas cubiertas de ramaje. Veinte pasos más lejos comienzan las alambradas. Están llenas del olor de los muertos. Frío y pavoroso”.  As dos alemáns eran máis inexpugnables pois eran de formigón armado. Destrúen Reims, cídade símbolo para os franceses. A catedral desfeita. “Las gárgolas rotas. Vidrieras no queda ninguna”.


   Valle asociaba os franceses coa civilización e ós alemáns coa barbarie. Así, tenta mostrar a vida. “Los niños vuelven a las escolas. Todos se aplican en sus tareas con normalidad.”
 
 
   Do 18 ó 21 de maio visita Salon.”Me despierta una detonación. Es la una de la mañana”. Pérez de Ayala constatou algo semellante na fronte de Italia. A maioría dos pilotos eran mozos de non máis de vintetrés anos cun status especial que non duraban máis dun ano. Quedou aflixido ó contemplar os seus cadáveres “Cuerpos desechos de dos aviadores. Las ropas chamuscadas. Se les cava allí mismo la sepultura.”  O 19 déixanlle voar sobre as trincheiras alemanas nun avión militar. Unha visión astral. Sinte o vento na cara. Medo non transmite.

   Todas esas vivencias publicáronse por entregas en El Imparcial. Ó regreso a España saiu La Media Noche.Non fai una reproducción ideal do que viviu senón unha abstracción.Algunha das recreacións refírese a Arrás ou ó Mar do Norte onde sabemos que non estivo;aí basaríase no que lle contaron.O libro é como un mosaico de pequenas teselas que abarca só doce horas.    

domingo, 10 de enero de 2016

Jesús Miguel de Toro Santos



*Suso de Toro celebra o seu sesenta aniversario



   “Nacín un dez de xaneiro do 56 como Muñoz Molina”. Ó principio lles fixo gracia a ambos e logo xurdiron as diferenzas. De cativo lle impactou o crime do zapateiro da Rúa Nova.

   “O meu folklore familiar era froito do desarraigo. Tiña vocación de éxito”.Fillo de emigrantes. O pai veu dunha aldea de Zamora. Un home de dereitas que traballara para o exército. “A linguaxe  na casa era cuartelaría. Eramos todos homes”.A nai criou seis fillos. Era moi protectora;“preocupada porque non lle saira un fillo mariquita”. Os irmáns son médicos. “Cultivan a brutalidade”.

   “Crieime nas tabernas. Flotando entre moita xente distinta con historias fragmentadas”. Puro guión. Pois a traxedia non xermola nun mundo urbano contemporáneo. Soe darse no rural, nunha comunidade onde a xente se coñece. Nas obras clásicas o coro é o que di “xa se vía vir”. Se ocorre unha desgracia nun piso de moitos andares o morto é anónimo. Está desarraigado.

   Tiña boa puntería como cazador. O seu mentor fíxolle un rito iniciático untándolle a cara de sangue. “Cazadores e troiteiros pensan todo o ano no obxectivo aínda que non sexa tempada”.

   “Fun sindicalista, estiven en piquetes, toda a miña vida foi épica”. Por escribir en galego exixíanlle compromiso. “Eu non soporto o rollo pijo del telón de grelos e o de levar boina”.

   Aínda que nunca a estudiou, sempre lle prestou a música. A hortera. Creedence Clearwater Revival por exemplo. Tivo un grupo de música nos oitenta. Suso y los Multiusos.

   “O meu avó cando ía pola aldea collía todo do chan”. Quizais aquel aramio logo lle serviría para arranxar algo. Así somos os escritores. Non debemos tirar nada.  Pero “chega o momento en que te falta o rigor e a enerxía física para facer obras que fixeches hai quince o vinte anos”.

   Recurrimos á humildade como escudo. “Todos buscamos a protección ante as envexas dos demais e ante o mal de ollo”.“Se son listo para que o vou a disimular. Antes non era así pero cheguei a unha idade na que me da igual”. “Un faise repugnante cos anos. Pásanos a todos.”


   “Cando me seco coa toalla non me acaricio. Me golpeo. ¿Por qué o fago así?”.“Caeme o pelo.  Xa non mexo coma antes; antes o facía contra a parede e salpicábame. Agora vou a saltar dun penedo e miro ben o que hai abaixo. Pero estou máis reconciliado coa miña vida”.

viernes, 8 de enero de 2016

El Levantamiento de Varsovia

La versión de la historia que nos cuenta el Museo del Alzamiento
(Inaugurado a los 60 años del acontecimiento)


   Varsovia es un milagro.  Ya había sido destruida en septiembre del 39 y durante la sofocación del guetto. En julio del 44 empieza la evacuación alemana, cuya fortaleza en la contienda venía ya de capa caída. La hora W son las cinco p.m. del martes uno de agosto. Comienza la euforia. La idea era que el levantamiento durara apenas unos días pero se prolongará sesenta y tres. Entre los insurrectos hay sacerdotes. También foráneos. Muchos eslovacos y húngaros y algún desertor de los alemanes.  Aún con bajas consiguen tres cuartas partes de la capital, entre ellas la ciudad vieja. Los alemanes conservan puntos estratégicos: puentes, estaciones de ferrocarril, aeropuertos y cuarteles.

   El 3 de agosto Churchill ordenó el abastecimiento por vía aérea de alimentos, armas y vendas. Era peligroso acercarse a Varsovia por aire porque los alemanes podían destruirlos.  Del cuatro de agosto a septiembre vinieron más de un centenar de aviones. Lanzaban desde poca altura pero sin paracaídas y mucho material se rompe. La gran mayoría de los paquetes lanzados caen en manos enemigas. Stalin no dejará sus pistas de aterrizaje hasta el 13 de septiembre. Los insurrectos pensaban que los rusos estarían de su lado. No sabían que en la Conferencia secreta de Teherán, de diciembre del 43,el soviético se asegurara futuros beneficios en Polonia.

   Otra demostración de que los soviéticos iban a luchar contra la independencia polaca está en Lublin, al sureste de Polonia. Desde el levantamiento empieza a mandar allí un gobierno ilegal dependiente de los rusos que durará hasta diciembre del 44. Son comunistas y reaccionarios y luchan contra los ejércitos patrióticos.     
 
 


   Heinrich Himmler quería matar a todos los prisioneros para dar un ejemplo aterrador. Hubo ejecuciones civiles en el Barrio de Woda desde el 5 de agosto, el Sábado Negro, con violaciones y saqueos. Incluso ejecutaban en los hospitales. Y los colocan de escudos vivientes haciéndolos caminar delante de sus tanques.



   La gente almacena en casa reservas de comida y agua. Pero pronto escasearán. Toman sopa de cebada, que acarreaba que escupiesen la cáscara al comer. Tienen que comprar armas, robárselas al enemigo o recibirlas de los aviones de los aliados. Construyen barricadas. 

   Todos los edificios se destruyen. El ejército patriótico (AK) salva el cerco a través del alcantarillado, que fuera diseñado en el XIX. Eran unos dos kilómetros de largo. Caminan sobre desperdicios tóxicos. Muchos mueren. Apenas llegan 800 exhaustos.Esos canales facilitan el suministro de alimentos.Había “chicas de transmisión”y varones mensajeros apodados “ratas de alcantarilla”. Pero desde mediados de agosto los alemanes empiezan a destruir y gasificar estos canales.

   En cuanto a la prensa, Los alemanes  utilizan muchos textos en polaco como propaganda. Desaparecen las revistas polacas independientes; sólo quedan las clandestinas, que hacen hincapié en los crímenes cometidos por los alemanes. Entre ellas Piedras para las barricadas.

   Hay vida cultural en los días de insurrección; florece la poesía, hay conciertos, teatrillo de marionetas. El cine Palladium proyectaba crónicas patrióticas como Varsovia lucha. La segunda semana de agosto se inicia la programación de dos emisoras de radio. Pero la red telefónica ha de ser continuamente reparada. La comunicación por radio se mantiene gracias a una emisora en Gran Bretaña.La canción del movimiento es Compañeros, clavad las bayonetas. Su autora posó para que se hiciese la estatua de La Sirenita que hay junto al Vístula.

   En septiembre los alemanes atacan los barrios más cercanos al río. Los polacos esperaban ayuda del este.   Acaban enterrando cuerpos junto a escombros . Muchos se envuelven en sábanas y se identifican con su nombre en una botella. Hay miedo a epidemias.

   Tras la capitulación los alemanes siguen saqueando, incluso las farolas. Una destrucción sistemática del patrimonio cultural. La ciudad queda sometida a humeantes escombros. Muchos palacios, bibliotecas y conventos quedan en ruinas. En octubre los insurrectos deben irse de la ciudad en destacamentos. Van a campos de prisioneros, a hacer trabajos forzados o a campos de concentración.  Los llevan en vagones de ganado.   Hay algunos judíos, apodados Robinsones, que se niegan a abandonar Varsovia. Se esconden en la ciudad hasta la llegada de los rusos en enero del 45. Como en El Pianista de Polanski.

   La nochebuena famélica del 44 es la única que Varsovia no celebra. Muchos siguen sin noticia de sus familiares.   Los comunistas que ahora mandan en la ciudad tratan como criminales a los insurrectos que lucharan por Varsovia.  Dieciséis jefes de la Resistencia Polaca son juzgados. Quieren dejarlos en ridículo. La propaganda comunista les acusa en falso de colaborar con los alemanes. Algunos serán encarcelados para siempre, otros mueren torturados.

miércoles, 6 de enero de 2016

A biblioteca de Suso de Toro

*O escritor santiagués fala dos seus autores de cabeceira.


   Clarice Lispector, a Biblia e Faulkner eran libros que tiña presente cando escribía nos 90”. As Sagradas Escrituras “as teño en inglés, galego e portugués”. “Fáiseme duro ler un libro enteiro de Lispector pero encántame como emprega a palabra para trascender á realidade”. “Adoro a Walter Benjamin”.No seu ensayo El Narrador conta algo que merece ser escoitado. “Cando tiña dezaoito anos fun epígono de Beckett”. Suso tamén emprega esa voz que fala e non actúa. El Quijote está cheo de dor,feridas e crueldade.É grotesco porque Cervantes pretende facer rir. 

   Honoré de Balzac reconstruiu sectores da sociedade de París do seu tempo. Imitouno Pérez Galdós. Fala dun mundo delirante na corte de Madrid a finais do XIX e principios do XX.

   John dos Passos, cercano ó Partido Comunista, describiu o ambiente épico do transbordador  Manhatan Transfer para retratar o ambiente de Nova York.“ John Steinbeck achegouse ás lendas do rei Arturo. Conservou a elegancia e así é máis facer de ler para os seus contemporáneos”.

   Fálase pouco de El cuarteto de Alejandría de Lawrence Durrell. É unha fantástica novela para analizar os puntos de vista e as relación amorosas entre personaxes con moita consistencia.

   Juan Benet creou un territorio, “Región”,que se asocia a León. “Era clasista, moito máis cunha pose dandy”.Javier Marías consideráse discípulo de Benet pola intención de escribir alta literatura. Nos seus últimos libros é deliberadamente proustiano. “É un niño pijo de Madrid, cidade bastante inculta donde hai algúns círculos ilustrados”. O que lle preocupa é o estilo. Un crítico alemán, Ranicki, dixo no seu programa televisivo que lle gustaba Corazón tan Blanco e os alemáns, que son ghiadiños, foron a compralo en masa”. Os artigos de Marías reflexan un mundo pequeno burgués. “É como un prato francés de carne con pouca chicha e decorado con moitas flores”. Reivindica a súa orixe ilustrada e despreza constantemente á xente común.

   Patricia Highmist ten a humildade anglosaxona que todo escritor debía ter”. Foi unha magnífica escritora de xénero, o suspense. “Crea personaxes ben construidos, case sempre solitarios e atrapados, tramas eficaces e narra ben as historias”. La Celda de Cristal é unha obra maestra.



   Carlos Castaneda tivo moita sona nos sesenta e principio dos setenta. “Pero eu non sigo modas”.É un peruano que se creou un personaxe que estaba en contacto co pellote e as setas alucinóxenas en California. “É unha refencia new age”.Escribiu Viaje a Ixtlán, bo libro para ver como se construe un héroe. “Sempre ten que ter unha tarefa senón quedaría ó quente na casa”.


   É difícil introducir o máxico na realidade. “Macombo de García Márquez parécenos máis fantástico desde a nosa vida en Europa Occidental”.O mesmo nos ocorre coa imaxenería  xaponesa. “Cortázar, escritor moi parisino, é debedor do dadaísmo e utiliza xogos mecánicos que veñen dese mundo”. “Borges é un escritor frío salvo cando fala dos gauchos que son moi de navalla”.

   “Cela é unha figura detestable en moitos sentidos. A súa primeira obra ata Oficio de Tinieblas é magnífica.” Don Camilo dicía que novela é calquera cousa que ti chames novela.

   Hai fusión entre a obra e a persoa de Miguel Anxo Murado. É todo moi personal. Os seus libros son continuidade del. Tamén “ Thomas Mann soe ocultarse detrás dos seus libros”.

   “Ken Follet é unha empresa”. Seguro que ten un equipo que lle busca documentación que logo el interpreta. “É un proletario da narración; pero é moi evidente e non sorprende”.

lunes, 4 de enero de 2016

Postais de Compostela

Exposición Unha ollada ao pasado.
Colección de Uxío de la Riva na Casa do Cabido

*Artículo publicado en El Faro de Vigo (9-1-2016)


   A estreita Casa do Cabido agocha un tesouro.Cos mapas xa case indescifrables. Uxío de la Riva Pol naceu na rúa Nova o ano da Guerra. Tiña antepasados cameros.Pero era tan picheleiro que participa como extra na película La Casa de la Troya.Aficionouse á colección de cartóns postais. Algúns deles os mercou en Madrid, A Coruña ou Bilbao. Eran máis dun milleiro as que donou ao Museo do Pobo Galego no 88. Na colección incluso hai uns curiosos selos. Finou hai dez anos.

   Lembramos unha Compostela máis pausada. Nun tempo xeórxico. De carballos,roseiras e eucaliptos. Un pasado de ramplas onde hoxe hai escareiras.   Na Catedral estaba a lanterna da capela da Comunión. No Obradoiro, que un día foi Praza Alfonso XII, o Colexio de San Xerome funcionaba como“Escuela Normal de Magisterio”ata que nos anos oitenta acolleu o Rectorado. Os alabardeiros facían garda no Hospital Real. O Consistorio neoclásico exerce a actual función desde 1784 donde antes estivera a Casa dos Churruchaos. O arzobispo Bartolomé Rajoy y Losada fundou a obra.

   En Praterías sempre houbo establecementos que facían reproduccións arxénteas, como ocorría noutras cidades como Milán ou Colonia.  A praza donde destaca a fonte dos catro tritóns e a estatua da relixión durante un tempo chamouse Martín de Herrera na honra dun cardenal. No 1936 derrúbanse as Casas de Espinosa para erguer nese solar o Antigo Banco de España.

   A fermosa Quintana estaba arborizada.A Casa da Parra non tiña o piso superior da balaustrada. Xunto ao Seminario Maior existía a pequena fonte de San Xoan. O rostro da Fonte de Marte do Toural semellaba o do xeneral Quiroga. Foi retirada en 1948 e substituida polo xarrón actual. O monumento de Asorey en San Francisco remóntase a 1930. Na Porta do Camiño estaba a antiga Alfóndiga.


   Onde hoxe está o céntrico Hotel Compostela estivo a casa da Inquisición desde 1729 ata que se derrubou en 1913.  Logo tamén foi Garaxe “La Unión” e Teatro Royalty. Fronte a esquina do Derby, estaba o Petit Christian Hotel. A xoia da Praza de Galicia, daquela alcumada como Praza Pablo Iglesias,  era o Edificio Castromil. Remátase en 1926 por iniciativa do arquitecto Rafael González Villar. O seu polémico derribo foi en 1974. Unha calamidade.

  A Avenida de Juan Carlos I partía dunha fonte e chamábase Martínez Anido,que fora ministro nas dúas dictaduras. No curruncho de Carreira do Conde demoliuse o mítico Santatorio Baltar.

   O Hospital de Nosa Señora da Piedade, coñecido coma o Asilo de Carretas, levantouno Xesús  López de Rego na segunda década do XX. Agora cobrou vida a nova sede de Acollida ó Peregrino. O mesmo arquitecto construiu o edificio modernista da Finca de Espiño entre 1910 e 1915. Acondicionaron os xardíns pero o pazo neogótico segue ruinoso. Unha mágoa. Onde hoxe está o complexo deportivo construen o Cuartel de Santa Isabel na segunda metade do XVIII. É demolido en 1973.

   A estatua de Ventura Figueroa, impulsor da Universidade, despediuse da Alameda e paseou ata o Campus Vida. O Grupo Escultórico “Minerva e os Xenios”de José Ferreiro estaba no edificio da Universidade; logo foi o claustro de San Clemente e finalmente á Facultade de Química.

   Fóra do centro tamén houbo modificacións.A Escola de veterinaria é o Parlamento. Os edificios administrativos da Xunta foran Escola de Sordomudos e Hospital Militar. O psiquiátrico de Conxo érguese onde houbera un Convento. Os pavillóns se construen na última década do XIX.  

sábado, 2 de enero de 2016

Zurrón de maravedíes

Reflexión sobre las propinas. ¿Por qué se dan en ciertos oficios?
Publicado en El Correo Gallego tal día como hoy hace 8 años (2-1- 2008)


El café, conlleve conversaciones amistosas al calorcito o visionado de prensa, se acerca tanto al euro que casi da vergüenza no dejar en el platito esas monedajas con el diseño de la Catedral de Santiago. Si corona la tasca una campanilla, queda más simpático y agradecido. No infravaloro diez horas de pie haciendo equilibrios con la bandeja. Pero, ¿no se abona en cada consumición su propio valor y el servicio? Sí, y la clientela paga también con creces el bote para los costes de lavavajillas, servilletas serigrafiadas y la previsión de vasos rotos por semana.

 A un profesor que te enseña con dulzura y te marca de por vida nadie le da nada, salvo algún jamón en exámenes. ¿Quién le mete un billete en la bata a un médico eficiente por hacernos un buen diagnóstico? Algún lector atento dirá, “¡claro, es qué esos son trabajos donde no se mueve la calderilla!”. Y, ¿qué me dices del simpático conductor del bus? ¿Y la cajera del súper, que casi nos ofende que nos cobre la bolsa? ¿Y el panadero que, más que madrugar, trasnocha?

 Los clowns y artistas callejeros dan ambiente y nos convierten en una ciudad cosmopolita; sus chisteras no ofenden y quizá merezcan más que mis aplausos. En los semáforos hay quien se gana la vida vendiendo pañuelos de papel y es tan digna su conducta como subir la ventanilla. Suerte que aún no se ha importado aquí la extorsión de los gorrillas. Y si aparecen señoras que fingen ser sordomudas que sepas que el niño que estaba con ellas se ha marchado con tu cartera.
La Nochebuena esperaba junto a la iglesia del Pilar el bus que me llevara al Clínico. Una señora mayor, bien abrigada por su visón, vio a un joven desencajado tirado en el suelo y le ofrece una propina. “No, gracias”.