jueves, 26 de noviembre de 2015

Persoeiros de Compostela

O xenuíno Farruco arrancou gargalladas nostálxicas no Ateneo de Santiago



   “Xosé Luis, sempre me fixo sorrir e pensar” opina Xerardo Estévez. “Podería levar ó cine a Montero Ríos, ata se parecen”.  Subiu á tribuna para latricar sen cancelas. Nacido un catorce de abril pero inscrito ó día seguinte por ser unha data maldita. O seu pai o peiteaba cunha raia máis torta que a estrada da Coruña. Pero hoxe tocaba lembrar a outros. “De min xa falarán”.

   Modesto o Churreiro durmía máis noites na Falcona que na súa casa.Cu de Galiña era un chepudo que vendía La Noche. Era rabudo e levábase mal con Marcelino o Limpabotas. O Cholas era un “vendedor de paraugas na Costa do Sol”. O republicano Luis Palabra-andante chamáballe ostras cóncavas ás cuncas.  Bretón berraba cancións contestatarias nos setenta; metérono no manicomio de Conxo por roubarlle o coche a Alfonso Molina, o alcalde da Coruña.

 
   Maximino Castiñeiras vestía con sombreiro de ala ancha e capa española. O poeta da Mahía viña cada xoves no Celta para ver ós seus incondicionais. Tiña sublime vaidade. Benito Varela Jácome, bo e retranqueiro, descubriu que copiaba os versos de Neruda.Logo de estudiar para practicante foi nun paquebote á Arxentina;ó regreso traballou para o doutor Camba.
 
 

 
   O Maestro Barral daba clase de talla en pedra na Escola de Oficios.  Sempre presumía do seu fillo Fernandito. Andaba de tazas e de pardilleo pero non pagaba ronda ningunha.
   Farruco coñeceu a Iván Merlo unha noite de néboa. Unha vez invitouno a beber algo no Mosquito e polos seus problemas de próstata acabou pedindo dous bocadillos de queixo con anchoas.  Tiña cellas poboadas e aire diabólico. Indignábao que lle chamasen o Vinchas. Ía con bastón e levaba xornais por dentro da roupa para tornar o frío. Tocaba un estrafalario instrumento que chamaba escobichémbalo ás proboscídeas do Pombal.  

   Caballero Andrés era fraco como un garabullo. No bus de Calo pedía aos homes que deixasen asento ás mulleres.Tiña un bordel e casou cunha madame especialista no trato ós militares.

  As Marías tíñanlle odio ás mulleres.Maruxa era máis altanera. O do Ultramarinos Carro sempre lle regalaba galletas e viño Sansón. Tamén lle ofrecían plátanos porque non tiñan dentes.


   Juan Carlos Lema vivía con desbordante fantasía.  Ás veces dicía que fora abandonado nun portal, outras que o entregaran ós Salesianos de Cambados. Enraizou na cidade “como os liques nas vellas pedras”. Zapatones díxolle o homónimo monarca que tiña fame e soltoulle cincuenta euros. “Pouco é para a súa alcurnia maxestade”.Morreu moi en silencio en Pontevedra.

   Farruco lémbrase tamén do seu irmán Diego. Era un erudito da pluma e da palabra.Tiña unha relación de amor e discordia co clero.  Confesoulle a Don Modesto a súa homosexualidade.

martes, 24 de noviembre de 2015

Orson Welles, artista proteico

Información obtida a partir da conferencia de Xosé Nogueira Otero
en Os Luns do Ateneo de Santiago.


   Artista poliédrico. Pero tamén no aspecto: Físico masivo e corpulento, barba, increíble voz… Unha actividade frenética e fulgurante de bulimia artística. Aos dezaseis anos xa traballou en Dublín como actor, debuxante e adaptador. Voltou a Estados Unidos coa ilusión de convertirse en actor. Pero tamén escribiu ensaios, facía publicidade…

   No 36,no medio da Gran Depresión, o productor John Houseman ofrécelle traballo como director teatral que subvencionaba o goberno.Atreveuse con Voodoo Macbeth, onde o protagonista é un negro de Haití. É un renovador. A menor das súas preocupacións sempre foi a fidelidade ós textos orixinais.Lle prohíben montar unha peza basada na obra dun comunista. Tim Robbins evocará esta situación en Abajo el telón. En Fausto illa ós personaxes con vestimentas negras. Desde 1938, coa compañía de teatro Mercury monta 50 espectáculos en dous anos.  

   O de Wisconsin rompe os códigos éticos na radio, medio que só tiña vinte anos de vida. Na CBS emprega efectos sonoros, incorpora a linguaxe xornalística… Un artista multimedia.  Para conseguir profundidade fai énfase nos silencios e bandas sonoras.

   A víspera de Halloween do 38 lembrarase como un fito na historia da radio.Adapta en directo La guerra de los mundos,novela de ciencia ficción de H.G. Wells. Conta co compositor Bernard Herrmann, que fará partituras para Hitchcock nos anos cincuenta. Tamén co recoñecido guionista Howard Koch que logo gañaría o Óscar por Casablanca.  Moitos oíntes tomaron por certa a retransmisión e creían que os marcianos invadiran a Terra. Welles viuse obrigado a convocar unha roda de prensa “Espero que se sintan aliviados”. Converteuse no wonder boy.

 
   Welles trata o cine como drama pero a pequena pantalla é conto e relato. Foi memorable a súa intervención televisiva no show de Dean Martin mentres recita o mercader de Venecia.


   Conseguía aportalle a súa personalidade os traballos nos que se mergullaba como actor. El tercer hombre parece asinada polo propio Welles, que xa era unha estrela internacional.  Empregaba eses cartos para seguir financiándose, sobre todo no seu periplo europeo.

martes, 17 de noviembre de 2015

Orson Welles, o director

Artículo creado a partir de conferencia de Xosé Nogueira Otero en Os Luns do Ateneo

   Non é verdade que Orson Welles chegou o cumio do cine sen ter experiencia previa.Con apenas dezanove anos xa experimenta con The heart of age, unha cinta de apenas oito minutos. Rodouna en apenas dúas horas para divertirse unha tarde de domingo. El mesmo aparece caracterizado como a morte. Xoga co expresionismo alemán e coa iconografía burlesca. É unha parodia La sangre de un poeta que dirixira Jean Cocteau dous anos atrás.

   A partir dunha comedia de Gillete construe Too Much Johnson. É un largometraxe de sesenta e sete minutos que emplea acusados contrapicados. Hai traizóns,celos e cambios de personalidade. Unha tormenta de vento funciona como metáfora da paixón. Piruetas, caídas e persecucións. A filmación apareceu hai dous anos en Italia e traballouse na súa restauración.

   No 39 RKO lle ofrece un contrato nunca visto. A productora se reservaba o dereito a rexeitar as propostas de Welles que lle parecesen controvertidas. Esto ocorreu en duas ocasións; na adaptación da novela El corazón de las tinieblas de Joseph Conrad,proxecto que estaba bastante avanzado que xa se diseñaran xa as maquetas.  Se vinculaba ó Señor Kurtz con Hitler. Ademais pretendía rodar moito en exteriores o que encarecía os orzamentos. O segundo descarte foi The Smiler With a Knife, considerado por RKO como un tema moi banal.

   Finalmente optan por unha historia orixinal.Herman Mankiewicz escribe a primeira versión de Ciudadano Kane. Welles puliuna o seu xeito.  De súpeto, demostra a súa precocidade con un proxecto antisistema. É un falso biopic. Está inspirada no magnate Willian Randolph Hearst, que fixo campaña contra o filme. A súa interpretación dun home tan decrépito é xenial, non só na apariencia senón tamén na maneira de falar e camiñar. Quería mostrar a megalomanía e a cobiza de poder. Fai un retrato no que o espectador reconstrue a imaxe de Kane por testemuñas e declaracións dos personaxes que o coñeceron.

   O clásico vólvese barroco. Por exemplo, fai un noticiario fake que parodia The March of Time da CBS onde el traballara. Racha a linealidade, emprega imaxes ilusorias, bota olladas ambiguas. Co gran angular deforma o espazo. Así, oprime ós personaxes e disimula os micrófonos, co que pode crear un novo espazo sonoro.   A Diligencia de John Ford influelle no emprego de teitos baixos.  De feito, capta o seu director de fotografía, Gregg Toland, co que comparte créditos ó final de película.  Tamén mostra adoración por Hitchock; o zoom inicial de achegamento ó pobo é calcado o de Rebeca.  É o desenlace, investigadores que non resolven o caso, lembra a Inocencia y Juventud. Orson, autodidacta e atrevido, chegou a afirmar “Comecei no cumio de Hollywood e logo so puiden ir para abaixo ”.

   Moitos pensan que El Extraño é unha obra menor pero ten un  gran reparto. Fala dun nazi agochado en Conneticut que se fai pasar por un mestre. Empregou unha técnica inédita, o uso de imaxes reais dos campos de concentración.

   La dama de Sanghái,con míticas escenas de espellos, é un axuste de contas con Hollywood. Racha co star system pois a muller fatal é humillada.Era Rita Hayworth, coa que se ía a separar.



   Os planos secuencia de Sed de mal son adiantados ó seu tempo.Orson é un antiheroe corrupto e ambiguo. Para algúns garda un mensaxe fascista, outros ven a decadencia do capitalismo. Nótanse influencias do director Sacha Guitry. Era un gran coñecedor das vangardas europeas.


 
 
   Abordou a triloxía shakesperiana.En Macbeth traballa por libre cunha productora de serie B. Incorpora un relixioso que non existe no orixinal. En tres anos por Europa consigue filmar un maxestuoso Othello sen presións de productores. O resultado, a Palma de Oro en Cannes.  Campanadas a media noche remexe catro obras do británico.  O productor español Emiliano Piedra lle permitiu pasar de doce semanas de rodaxe ao dobre. Aparece a Casa de Campo de Madrid.  Hai un personaxe que é o alter ego de Welles, vividor e creativo, que é abandonado polo poder.
   Un dos proxectos que non chega a rematar é o Don Quijote. Aquí vese claro como máis cas historias lle interesan os personaxes. Pero non a súa moral senón as loitas polo poder. Montouna Jesús Franco pero “mellor imos esquecer o resultado”.

   Fraude é un filme testamentario deste prestidixitador aínda que non sexa o último. Trasmite o bricolaxe caníbal de Welles, a súa teima por reutilizar materiais. Reflexiona sobre os falsificadores e embaucadores e remata facendo un alegato polo anonimato dos artistas. Algo paradóxico se lembramos cando ao remate de El Cuarto Mandamiento unha voz en off enfatiza quen escribiu e dirixiu a peli.

   Nos rodaxes abusaba da improvisión, incluso varias veces nun mesmo día. “Cada día, cada hora, un vese modificado polos ollos dunha actriz, por como está o sol”.  Pero o verdadeiro concepto cinematográfico está na montaxe.Podería estar montando un filme indefinidamente.

   Hai que derribar a falsa lenda de que era un vago que non remataba os proxectos. Sí que é certo que a obra inacabada configura un corpus casi tan grande como a estrenada. Dependía dos ingresos e entón traballaba a salto de mata. Morreu aos setenta anos dun infarto cando tentaba rematar catro proxectos a un tempo.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Alicia en galego



30 anos da tradución de Alicia en el país de las maravillas ao galego.

Nexos convida a Teresa Barro (5-11- 2015)

Publicado hoxe en El Faro de Vigo (9-11-2015)



   Con quince anos pasou dos contos á literatura. O seu pai conseguiu os poemas de Curros en follas mecanografiadas. Foi a unha libraría de Cantón Grande e mercou as obras completas de Rosalía. “Namoroume”.  Coñeceu unha lingua fermosa tras ir cada verán á zona de As Pontes. “Como meterse cos nativos”.Foi a estudiar a Madrid e coñeceu a Ramón Piñeiro, “persoeiro singular que nunca renunciou a ser do rural”. Alcumouna “Anxo do galeguismo”· Logo emigrou á cidade do Támesis,onde hoxe reside.  Mirando de reollo para acá. Desde Albión para Galiza.

   En 1983 Luis Mariño, director de Xerais, encomendoulle a Teresa Barro e o seu marido Fernando Pérez Barreiro a tradución da obra de Carroll ó galego.  Era todo un reto. Non era nada doado responder a esos malabarismos lingüísticos, xogos de palabras, bromas… Por exemplo, aparece a canción popular Twinkle, twinkle litle star, que tódolos nenos ingleses aprenden de moi novos; nin en Galicia nin en España hai un exemplo igual. Pero Teresa tivo un soño profético aquela noite.E non é unha licencia poética. Un coello branco viña correndo e berraba “Que tarde se me fai”. Só podía ser unha mensaxe das forzas cómicas.

   Dividiron o traballo. Ela abordou a prosa e Fernando os versos. El tivo máis choio en Al otro lado del espejo.Así foi o seu pasar pola vida,esixente e entregado á experiencia poética. Molesto cos que so seguían a formula,é dicir,os que lle“daban á manivela”.Finou en xaneiro do 2010; nesa primavera contactaron con Teresa os que organizan agora a Exposición de Nova York.

   No limiar afirman que manteñen a “fidelidade creadora”. Carroll, lóxico e matemático,quería que as traducións ó alemán e francés fosen fidedignas. “Traducir é como interpretar unha partitura musical”. Non é transcribir. É unha arte que non se pode facer de maneira mecánica. En moitos países non tiñan algún dos animais dos que se fala e tiveron que buscar outros.

   Alicia pertence a unha boa familia. É educada e expresiva. Afouta. Enfróntase con todos sen fuxir de ninguén. Segue o código da educación. É cortés aínda que lle respondan mal.O prototipo da liberdade e curiosidade.É un clásico á altura de Shakespeare. Incorporouse á psique e ó inconsciente da lingua inglesa, cultura que tende á excentralidade. Exerceu influxos ata en The Beatles.